CLUB VIRTUAL DE LECTURA 
Grupo de persoas afeccionadas á lectura que se atopan no noso blog para comentar e valorar, coa axuda dun bibliotecario coordinador, un libro prestado gratuitamente polas Bibliotecas Municipais da Coruña. Os membros do club desenvolven as súas actividades, análises e comentarios exclusivamente a través deste blog específico polo que non é necesario que se reúnan fisicamente para levar a cabo as súas actividades.
Cada membro do club pode participar cando e onde lle conveña sen estar suxeito a un horario ou localización determinado, polo que se converte nun sistema ideal para aqueles que gustan de ler e compartir pero non teñen tempo; só deben desprazarse á Biblioteca Municipal Sagrada Familia a recoller e devolver o libro prestado.
Para ser membro do club non fai falta ser un experto lector, está pensado para persoas con inquietudes culturais, ganas de ler, facer amigos e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro só é un punto de partida. O máximo de membros do club é de vinte xa que a biblioteca dispón dun máximo de 20 exemplares de cada título a ler.
Ademais calquera persoa pode participar nos comentario do blog sen pertencer ao club virtual.