Camiño á Revolución dos Cravos
Non sei se é o Entroido ou que non vos está a espertar demasiado interese a lectura de Resistencia xa que, agás Pitty, Rojo, Seredka, Carmen e un par de espontáneos lectores, o resto non deixastes ningún comentario.
¿Como vai esa lectura? Tócanos xa pasar á terceira e última parte do libro. Os avatares dos nosos personaxes continúan, agora xa, inmersos de cheo nas loitas políticas que protagonizaron os anos sesenta en Portugal. E, como se intuía na primeira parte, entraron dolorosamente nas súas vidas para modificalas dunha forma tráxica. As cousas estanse a poñer moi mal para todos. Hai moito sufrimento non só debido á represión da ditadura senón a que o pasado volve para saldar contas e impedir aos personaxes vivir eses amores tan difíciles. No medio de tanto dor encamiñámonos cara á Revolución dos Cravos que porá fin en abril de 1974 á ditadura Militar de Oliveira Salazar y Marcelo Caetano.
¿Que lles espera aos nosos protagonistas Dinís e Filipa co triunfo desta? ¿Volverán xuntarse para poder, por fin, vivir o seu amor sen esconderse? Os demais personaxes xa viron como as súas vidas romperon e unicamente son os mozos os que poden ter un futuro nun Portugal xa libre, pero aínda están en 1969, quédanlles cinco anos de sufrimento, sobre todo a Dinís que sofre condena no cárcere de Peniche.
Reitérovos as mesmas preguntas que vos facía na primeira parte do libro ás que engado algunha máis:
. ¿Como vedes a evolución destes personaxes nesta segunda parte en que as súas vidas se mesturan dun xeito absoluto coa situación política de Portugal?
. ¿Credes que adquiren unha maior profundidade e sentido a medida que a historia avanza?
. ¿Xoga o destino (ou o azar) un papel importante nas súas vidas ou son unicamente os acontecementos políticos e a situación social os que as determinan?
. ¿Espertouvos a lectura a curiosidade polo noso país veciño e a súa historia recente?
Prazos
Como non sei se estades demorados na lectura e, para que teñades tempo abondo para avanzar nela, poremos de prazo para rematar o libro o próximo mércores 4 de marzo.
Espero que os "desaparecidos" nos deixen saber a súa opinión sobre o libro nesta recta final. Botámosvos de menos, máis aínda cando o noso anterior libro provocou tantos e tan variados comentarios…

Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación impresos, entre eles Diario de Pontevedra, Xornal de Galicia, El País, Grial, e no programa da Radio Galega “Un día por diante”. Mantén unha sección de literatura e opinión en Culturagalega.org titulada
Resistencia é, en palabras da autora, unha "historia de amor e loita no
Como xa vos anunciei nun comentario recente, o noso próximo libro será dunha autora galega. Xa lle tocaba a quenda á literatura en galego e a unha escritora, neste caso unha autora actual.




