“La quinta mujer” Henning Mankell
Henning Mankell naceu en Estocolmo en 1948, criado nunha aldea no norte de Suecia, agora divide o seu tempo entre Suecia e Maputo, Mozambique, onde traballa como director do Teatro Avenida. Aquí vos deixo algún enlace a varias entrevistas publicadas na rede e máis na prensa escrita, por se queredes coñecer algo máis del.
Con "La quinta mujer" introducímonos nun novo xénero, distinto do que temos lido ata o momento, a novela negra, da man do que se considera un dos mellores autores dentro de este xénero na actualidade.
O ano 1991 marca o gran avance de Mankell como escritor, coa publicación da novela Mördare utan ansikte (Asasinos sen rostro)a primeira, da serie protagonizada polo inspector Kurt Wallander.
Este personaxe con certos problemas de saúde, angustiado polos cambios políticos e sociais e experto no rastrexo do criminal, convertiuse nun dos protagonistas da novela negra máis lidos no mundo. Os libros foron publicados en 33 países e recibiu importantes premios literarios .



