Posteado por: Biblioteca SF | Arquivado en Kafka y la muñeca viajera23-07-2007

Jordi Sierra I Fabra  rescata nesta ocasión unha sorprendente e enternecedora historia que envolveu a vida de Franz Kafka  nos seus últimos días.
Ilustración Pep Monserrat Foi en 1923, en Berlin, cando a tranquilidade do seu habitual paseo das mañás polo parque Steglitz verase perturbada polos choros dunha nena. A pequena non atopaba acougo, a súa boneca desaparecera sen máis.

¿Como podería él axudala?

Este encontro entre o escritor e a rapaza transportaranos a un mundo máxico onde, a boneca, unha peculiar personaxe, conduciranos a unha viaxe chea de emocións, aventura e fantasía.
Neste magnífico relato para todos os públicos, Sierra imaxina como puido ser aquela relación epistolar construindo un texto delicioso.
E vos, disfrutachedes ca súa lectura?

Posteado por: Biblioteca SF | Arquivado en Kafka y la muñeca viajera20-07-2007

Portada

A nosa seguinte lectura "Kafka y la muñeca viajera" é unha narración breve, aínda que non por iso menos interesante. Ahora quédanos esperar a que todos teñades o voso libro para poder comentalo, lembrade pasar pola vosa biblioteca a recollelos.

Como temos moitas ganas de comezar esta segunda experiencia, que vos parece se deixamos somentes un par de días e falamos despois da fin de semana?