"En el breve instante en que aparte la vista de ella al levantarme, Hanna se fue."
Durante meses encontraronse a diario, ata que todo rematou ca repentina desaparición dela. Unha última mirada, sen despedida, sen explicacións, e desapareceu da cidade sen deixar rastro.
Pasarán sete anos ata que o protagonista volva a reencontrarse con Hanna. Michael é avogado e participa como observador nun xuízo contra varias mulleres implicadas no envío de prisioneiros a un campo de concentración. Alí volvera a vela.
Hana continúa a mostrar esa actitude altiva e combativa que tantas veces lle fixo ceder cando aínda estaban xuntos, algo que sen dubida non lle favorece de cara o xuízo.
Nesta segunda parte continua a trama que se refire á relación de Michael e Hanna, e de momento déixase entrever que, a pesar do paso do tempo, aínda sinte algo por ela. Pero como puido facer esas cousas tan horribles?
Trata de encaixar as súas lembranzas, os seus sentimentos cara ela como pezas dun rompecabezas.
O sentimento de culpa, o perdón ou condena, a conciencia da responsabilidade no nazismo da sociedade alemán aparecen como trasfondo que invita a reflexión no texto.
Nunha cidade alemá, poucos anos logo da II Guerra Mundial, Michael Berg é un adolescente afectado por hepatite, e aínda que a enfermidade faille sentirse algo débil, fai as cousas propias da súa idade. Ata que un bo día, nun encontro fortuíto coñece a Hanna, unha muller varios anos maior que él, cobradora no tranvía, con quen comeza a vivir sensacións e sentimentos que ata de agora nunca experimentara.
El lerá para ela fragmentos de grandes obras literarias das que ata o momento apenas ouvira falar. E así, os seus encontros estableceron un ritual de lectura e sexo, que iniciará a ambos nun proceso de evolución, de aprendizaxe.
Schilnk, na voz de Michael recrea para nós as situacións vividas dunha forma moi accesible, describindoas cunha enorme sinxeleza. Utiliza unha linguaxe moi clara e simple, sen opulencias.
Podemos facer coincidir a nosa parada co final da primeira parte (na páx. oitenta) e comentar que impresións desperta en vos esta relación. Resúltavos crible? Apreciades esa sobriedade do texto?
Bernhard Schlink (nacido o 6 de xullo de 1944 en Großdornberg) é un escritor alemán e avogado. En 1998 foi nomeado xuíz na corte constitucional do estado federal de Renania do Norte-Westfalia e é profesor de historia da lei en Universidade Humboldt, Berlin, desde xaneiro de 2006.
A súa carreira como escritor comezou con novelas policiais tendo como protagonista a un personaxe chamado Selbst; a súa primeira novela chamouse Auto-castigo. Outra das súas novelas, O nó gordiano, gañou o premio Glauser en 1989. En 1995 publicou O lector (Der Vorleser), unha novela parcialmente autobiográfica sobre un adolescente que ten un romance cunha muller maior que desaparece súbitamente e logo reencóntralla sendo estudante de avogacía nun xuízo aos criminais da segunda guerra mundial. O libro converteuse nun éxito de vendas en Alemaña e foi traducido a 39 idiomas. A primeira edición española apareceu no ano 1997. Gañou o premio Hans Fallada, o premio Welt, o premio italiano Grinzane Cavour, o premio francés Laure Bataillon e o premio Ehrengabe da Dusseldorf Heinrich Heine Society. No ano 2000 publicou unha colección de contos titulada Amores en fuga. No ano 2007 publicou a súa última novela chamada O retorno, publicada en galego pola Editorial Galaxia.
Bibliografía de Schilnk nas Bibliotecas Munipais da Coruña:
-
El lector
-
Amores en fuga
-
El engaño de Selb
-
El fin de Selb
-
El regreso

Xa temos na biblioteca os exemplares do libro: "El Lector" de Bernhard Schlink a nosa seguinte lectura. Podedes dende hoxe recollelos na Biblioteca Sagrada familia ou ben na vosa biblioteca, e lembrade devolver de vez o voso exemplar de "El curioso incidente…"
Esta é unha novela breve ambientada nos anos cincuenta, na Alemania Occidental. Non sei que opinión vos merece este título, se xa o coñecíades ou se tedes lido algo de Schlink.
Agardo polos vosos comentarios, axiña comezaremos ca lectura.



