Rematamos benquerida catástrofe, e estaría ben que, antes de comezar a pensar na seguinte lectura, fixésemos a nosa valoración final, comentar aquelo co que nos quedariamos da novela . Aínda, que non faga honor ao seu titulo e chegara a ser para nós una autentica catástrofe, podemos dicir, facendo unha análise xeral dos vosos comentarios, que non convenceu. Se ben e certo que non podemos quitarlle mérito polo arriscado da proposta, parece que a historia vai perdendo forza segundo avanzamos na súa lectura. Agardamos as vosas opinións a espera de que a próxima seduza máis.
Benquerida catástrofe. Segunda parada
Chegados a este punto o distaciamento entre Eva e Adam materializase, xa non será so emocional senón tamén físico. Ambos aproveitaran o seu tempo separados para afondar en si mesmos.
E nós a traves da lectura, acercámonos a algúns dos seus desexos, recordos e pensamentos máis fondos, que misturan ficción e realidade.
A narración voltease aínda máis intimista e o tempo e os espazos son totalmente anárquicos. Deambularemos entre o caderno azul de Eva, e a ira de Adam, ou polas as ensoñacións de Sherezade; entre a vida dos insectos, ou a vida nun convento, asi como polos xa coñecidos para nós, comentarios da narradora, todo fundido nunha singular mistura.
Verémonos enredados ata confundirnos, experimentando as mesma confusión que leva os nosos protagonistas a iniciar un novo camiño.
Quizais agora sexa mais difícil, se cabe, facer unha parada na nosa lectura, ou polo menos nos nosos comentarios. A miña suxestión é a de comentar ata o capitulo nº 97, que moi axeitadamente leva o titulo:
" Onde se fai un alto no camiño"
Resúltavos atractiva a forma do relato?
Podedes identificarvos dalgun xeito cos protagonistas?
A nova proposta de Teresa Moure, despois do abruánte éxito de Herba Moura, falaranos esta vez do amor. Somérxenos na metamorfose que está a sufrir unha relación de parella. A historia trasmitise en paralelo dende o universo de cada un dos protagonistas que páxina tras páxina, reflexión tras reflexión daranse de conta, que as súas vidas están a tomar distintas direccións.
A autora, que segue tratando de innovar no seu estilo, mistura no devagar da novela, a voz dunha narradora que conversa co lector dunha maneira clara, directa e en ocasións provocadora. Por outra banda a numeración dos capítulos da obra faise con números primos. Números tan so divisíbeis por si mesmos e pola unidade, proposta cando menos orixinal e que da que pensar, Caerades na conta diso?.
O primo 29, pode ser un bo número para facer a nosa primeira parada e comentarmos xuntos esta parte. É o voso turno.


