Posteado por: Antonio | Arquivado en El curioso incidente del perro a media noche04-02-2008

OriónAgora coñemos algo máis a Christofer, sabemos que non lle gustan as cores marrón nin amarelo, que no comprende os rotros, nin as metáforas, nin a ironia, que non lle gusta que ó toquen, nin as mentiras e que adora a Sherlock Holmes e as matemáticas.

Os dias pasan e a investigación non avanza. Todo o contrario, Christofer non terá que desvelar un só enigma senon que agora son dous, un descubrimento fará que a historia de un xiro.

Dende agora podedes facer os comentarios desta segunda e última parte neste post. Ánimo.

Posteado por: Biblioteca SF | Arquivado en Escritores, El curioso incidente del perro a media noche22-01-2008

Mark Haddon naceu en Northampton Inglaterra en 1962. Realizou seus estudos de literatura Anglosaxoa na Universidade de Oxford e aínda que case sempre estivo vinculado á literatura, tamen ten traballado con nenos e adultos con discapacidade mental e física. Como ilustrador desenvolveu proxectos como "Axente Z" e a serie "Baby Dinosaurs" así como en diversas publicacións como New Statesman, Sunday Telegraph ou The Guardian.Tamen participou en proxectos de televisión como guionista, escribindo varios episodios de Microsoap unha serie emitida pola BBC con gran éxito de audiencia, pola que gañou dous BAFTAs e un Royal Television Society Award.

 Actualmente ensina escritura creativa for the Arvon Foundation and Oxford University.

 "Gilbert’s Gobstopper" (Dial, 1987) foi o seu primeiro libro adicado a nenos ainda que xa ten publicados ducias. En 2003 publica "El Curioso Incidente del Perro a media noche" obtendo moi boas criticas e varios premios, incluído o 2003 Whitbread Book. Foi un dos primeiros libros que saiu a luz simultaneamente en dous selos editoriais, un para nenos e outro para adultos. A súa segunda novela, "Un pequeño inconveniente",publicouse en español por Alfaguara a finais deste ano pasado, está sendo un enorme éxito de vendas no noso país.

Aqui tedes o enlace dunha entrevista de Haddon publicada en setembro no País onde comenta : "Es tentador escribir de lugares exóticos y personajes fascinantes, pero a mí me atraen más las novelas que abordan la situación universal humana."

Recoméndovos que botedes un ollo ao sua web, ten unha parte adicada ao libro que estamos a ler cas súas propias ilustracións.

Posteado por: Biblioteca SF | Arquivado en El curioso incidente del perro a media noche11-01-2008

Nada máis comezar a lectura, na primeira páxina, descubrimos un cadáver, un terrible asasinato. Christofer Boone, un mozo adolescente atopa a Wellinton, o can da súa veciña morto no xardín.

A curiosidade levarao a iniciar unha investigación, o máis puro estilo Sherlock Holmes, o seu admirado detective .

El mesmo narra en primeira persoa as súas andanzas na búsqueda do culpable, aderezadas iso sí, con explicacións sobre as regras Portadaque establecen o seu mundo, que lle serven para entender o cotián.

Este podería ser un argumento de calquera novela policiaca ou de misterio, de non ser polo especial do seu protagonista, que creo, non deixará indiferente a ninguén.
Non sei que sensacións espertará en vós..

Penso que podemos fixar a lectura ata a páxina 119.  Estaría ben  non facer comentarios que  vaian máis alá do capítulo 139, porque están numerados por nº primos (igual que en "Benquerida catástrofe", prometo que foi una casualidade) aínda que  ben sei que  é difícil facer un alto na lectura.

 Por agora nada máis, tócavos a vos…