“La quinta mujer” Henning Mankell
Henning Mankell naceu en Estocolmo en 1948, criado nunha aldea no norte de Suecia, agora divide o seu tempo entre Suecia e Maputo, Mozambique, onde traballa como director do Teatro Avenida. Aquí vos deixo algún enlace a varias entrevistas publicadas na rede e máis na prensa escrita, por se queredes coñecer algo máis del.
Con "La quinta mujer" introducímonos nun novo xénero, distinto do que temos lido ata o momento, a novela negra, da man do que se considera un dos mellores autores dentro de este xénero na actualidade.
O ano 1991 marca o gran avance de Mankell como escritor, coa publicación da novela Mördare utan ansikte (Asasinos sen rostro)a primeira, da serie protagonizada polo inspector Kurt Wallander.
Este personaxe con certos problemas de saúde, angustiado polos cambios políticos e sociais e experto no rastrexo do criminal, convertiuse nun dos protagonistas da novela negra máis lidos no mundo. Os libros foron publicados en 33 países e recibiu importantes premios literarios .
"En el breve instante en que aparte la vista de ella al levantarme, Hanna se fue."
Nunha cidade alemá, poucos anos logo da II Guerra Mundial, Michael Berg é un adolescente afectado por hepatite, e aínda que a enfermidade faille sentirse algo débil, fai as cousas propias da súa idade. Ata que un bo día, nun encontro fortuíto coñece a Hanna, unha muller varios anos maior que él, cobradora no tranvía, con quen comeza a vivir sensacións e sentimentos que ata de agora nunca experimentara.
Agora coñemos algo máis a Christofer, sabemos que non lle gustan as cores marrón nin amarelo, que no comprende os rotros, nin as metáforas, nin a ironia, que non lle gusta que ó toquen, nin as mentiras e que adora a Sherlock Holmes e as matemáticas.
literatura Anglosaxoa na Universidade de Oxford e aínda que case sempre estivo vinculado á literatura, tamen ten traballado con nenos e adultos con discapacidade mental e física. Como ilustrador desenvolveu proxectos como "Axente Z" e a serie "Baby Dinosaurs" así como en diversas publicacións como New Statesman, Sunday Telegraph ou The Guardian.Tamen participou en proxectos de televisión como guionista, escribindo varios episodios de Microsoap unha serie emitida pola BBC con gran éxito de audiencia, pola que gañou dous BAFTAs e un Royal Television Society Award.
que establecen o seu mundo, que lle serven para entender o cotián.
Rematamos benquerida catástrofe, e estaría ben que, antes de comezar a pensar na seguinte lectura, fixésemos a nosa valoración final, comentar aquelo co que nos quedariamos da novela . Aínda, que non faga honor ao seu titulo e chegara a ser para nós una autentica catástrofe, podemos dicir, facendo unha análise xeral dos vosos comentarios, que non convenceu. Se ben e certo que non podemos quitarlle mérito polo arriscado da proposta, parece que a historia vai perdendo forza segundo avanzamos na súa lectura. Agardamos as vosas opinións a espera de que a próxima seduza máis. 


