Portada de la novela El último encuentro de Sandor MaraiO húngaro Sándor Márai, un dos grandes escritores europeos do século XX, é o autor da nosa próxima lectura: El último encuentro. Unha novela profunda, delicada, sutil. Unha pequena xoia, esquecida durante máis de cincuenta anos, cargada de reflexións acerca dos grandes temas.

Espero que vos agrade a elección. Dentro duns días daremos o pistoletazo de saída.

Os vosos exemplares xa vos están agardando na Biblioteca de Forum.