O sábado inauguramos unha nova biblioteca municipal dentro do noso sistema de bibliotecas públicas e xa van sete. As 12 da mañá púsose en marcha, coa presencia do alcalde da cidade, Javier Losada, e da Concelleira de Cultura, Mª Xosé Bravo, a nova biblioteca de Os Rosales que podedes atopar na Praza Elíptica deste xove barrio coruñés. Se sodes da zona xa sabedes que estamos a vosa disposición nesta nova biblioteca.
O sábado inauguramos unha nova biblioteca municipal dentro do noso sistema de bibliotecas públicas e xa van sete. As 12 da mañá púsose en marcha, coa presencia do alcalde da cidade, Javier Losada, e da Concelleira de Cultura, Mª Xosé Bravo, a nova biblioteca de Os Rosales que podedes atopar na Praza Elíptica deste xove barrio coruñés. Se sodes da zona xa sabedes que estamos a vosa disposición nesta nova biblioteca.
Hai xa tempo The Times publicou o que consideraba os 10 mellores libros de ciencia-ficción. Estades de acordo?
1- La nave de un millón de años de Paul Anderson.
2- La radio de Darwin de Greg Bear.
3- Las crónicas marcianas de Ray Bradbury.
4- ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas? de Philip K. Dick.
5- Solaris de Stanislav Lem.
6- Canopus in Argos de Doris Lessing.
7- 20.000 Leguas de viaje submarino de Julio Verne.
8- La guerra de los mundos de H. G. Wells.
9- Los humanoides de Jack Williamson.
10- El día de los trífidos de John Wyndham.
Retrato robot do lector en España.

As estatísticas son fascinantes; a partires do Informe sobre o sector editorial español do ano 2007 elaborado pola Federación de Gremios de Editores de España vou a xogar a crear un "monstruo do doctor Frankenstein" que reflicte cómo é o lector deste pais recollendo os datos sobre poboación, idiomas, comunidades, económicos, culturais, etc.
Tendo en conta estes eidos e cáles son os hábitos leitores a escea é:
Unha moi xove doctora universitaria está lindo na súa casa de Madrid "A Catedral del Mar" que mercou nunha librería para entretenerse durante as tres semanas de vacacións .
Me explico: Ficómic é o Salón Internacional do Cómic de Barcelona e trátase do festival máis recoñecido en España (a pouca distancia do noso Viñetas desde o Atlántico). Este ano celebrouse do 29 de maio ao 1 de xuño e, como sempre, concede unha serie de premios que, con excepcións, converten as obras gañadoras nun referente a seguir. Ainda que a nómina é máis extensa aquí os deixo os cómic premiados por que polo xeral é unha boa guía para ler cómic en España.
- Mellor fanzine do 2008: Rantifus
- Mellor revista do 2008: Amaníaco
- Premio á divulgación da historieta 2008: Alvaro Pons La Cárcel de Papel
- Premio á libraría especializada 2008: Continuará (Barcelona)
- Mellor obra extranxeira publicada en España no 2008: Jaime Hernandez “La educación de Hopey Glass” , (Ediciones La Cúpula),1
- Premio Josep Toutain ao autor revelación do 2008: Pere Mejan “La Revolución de los Pinceles” (Dolmen)
- Mellor guión do 2008: Felipe Hernández Cava “Las serpientes ciegas” (BD Banda)
- Mellor debuxo do 2008: Pere Mejan “La Revolución de los Pinceles” (Dolmen)
- Mellor obra do 2008: Cava y Seguí,”Las serpientes ciegas” (BD Banda)
- Gran Premio do Salón: Ana Miralles
Premios Carlos Casares concedidos pola Asociación Cultural O Facho

A agrupación cultural O Facho comunica o fallo do concurso literario Carlos Casares na convocatoria 2009, segundo acordo do xurado formado por Xabier P. Docampo, José Mondelo, Mar Hermida e un membro do Facho:
Premios da Categoría A (Nenos e nenas de 9 a 12 anos)
- Primeiro premio: “Cada ollada unha historia” de Iria Esperón Abril , alumna de 5ºcurso do CEIP Baño De Xanza, Valga (Pontevedra)
- Segundo premio: “Unha boneca moi especial” de Katia Pérez Pereira, alumna de 1º ESO do CPI de Zas (A Coruña)
- Accesit: “O soño de voltar” de Matias Nuñez Gil, alumno do CEIP Curros Enríquez de Celanova (Ourense)
- Accesit: “A princesa Cisne” de Ada Freire Vázquez, alumna do CEP Álvarez-Limeses de Pontevedra
2º.- Premios da categoría B. (Rapaces e rapazas de 13 a 16 anos)
- Primeiro premio: “Atlántico” de Beatriz Rodríguez Fernández, alumna do IES Blanco Amor de Ourense
- Segundo premio: “Historia dun chicle” de Helena Salgueiro Golán, alumna do IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela
- Accesit: “Renacer da eternidade” de María Laura Carrillo Neira, alumna do IES Manuel García Barros da Estrada (Pontevedra)
- Accesit:“Recordas? O cuco labicha” de Iván Prado Rodríguez, alumno do IES Cidade de Antioquía de Xinzo da Limia (Ourense)
Entrega de premios do Concurso Literario de Contos de Nenos Carlos Casares
Co obxectivo de recuperar os premios literarios que dende os 60 convocou a Agrupaçon Cultural O Facho, este ano convocouse a XLII edición do certame que leva o nome de Carlos Casares como unha agarimosa homenaxe ao que fora o primeiro gañador, no ano 68, co conto “A galiña azul”.
O concurso está dividido en dúas categorías, A (para alumnos de 6 a 12 anos) e B (de 12 a 16), e este ano o xurado está formado por Xabier P. Docampo, José Mondelo, Mar Hermida e Soledad González Maside.
O xoves, día 14, ás 12:30, e dentro das actividades programadas pola Agrupación co gallo do Día das Letras Galegas, tivo lugar unha ofrenda floral diante do monumento a Curros Enríquez na que o presidente de O Facho, José Luis Rodríguez Pardo deu a coñecer os gañadores do concurso.
A entrega de premios terá lugar na Fundación Caixa Galicia, no Cantón Grande, o próximo 20 de maio, ás 20:00.
A nosa próxima lectura: OJOS AZULES de TONI MORRISON
Esta vez tócalle a quenda a unha escritora estadounidense, a primeira muller, e única por agora, de raza negra en recibir o Premio Nobel de Literatura en 1993.
Ojos azules foi o seu primeiro libro, escrito en 1970, e narra a historia dunha nena negra que quere ter os ollos da cor dos bonecos das nenas brancas.
A partir de mañá luns xa podedes recoller o libro nas Bibliotecas de Sagrada Familia e Forum, e a partir do mércores 22 estará nas de Monte Alto e Castrillón.
Amósanos o que les 2009: Ler na cidade

As Bibliotecas Municipais da Coruña convocan a terceira edición do seu concurso de fotografía dixital "Amósanos o que les" co lema Ler na cidade.
Este ano 2009 as fotografías que solicitan deben reflectir manifestacións de lectura, espazos lectores tradicionais ou novidosos e distintas formas de lectura nunha cidade actual. Gustaríanos coñecer gráfica e artísticamente onde, quen e, sobre todo, como se le nun contorno urbano: traballo, autobús, comendo, esperando unha cita e un longo etcétera.[Ver bases]
Prepara xa a túa fotografía, envíaa dende esta web a partir do 17 de marzo e ata o 16 de abril. Poderás gañar unha cámara reflex dixital ou un reprodutor mp4.
As fotografías poden ser espontáneas ou preparadas, de estudo ou exteriores, cor ou branco e negro; o importante é a orixinalidade e a imaxinación do fotográfo e da escena representada.
Novas e curiosidades sobre a lectura e a literatura.

Hoxe era o noso último día para escoller o próximo libro que imos ler e só hai dous votos: un para El callejón de los milagros, e outro para El último encuentro.
E eu pregúntome: ¿Que facemos? ¿Escollo eu ou esperamos a que alguén máis se anime a votar?
A min gustaríame que fosedes vós os que decidísedes, polo que vos pido aos que entredes no blog ao longo do día de hoxe que, por favor, votedes por un dos dous libros e así rompamos o empate.
Graciñas.






