Este club de lectura non ten nada: nin horarios, nin local, nin caras

Ciberclub

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Actividades, Na Coruña24-11-2009

O escritor e guionista de cine e televisión vigués Domingo Villar dará unha charla na Biblioteca Municipal Forum o xoves 26 ás 16:45 h.

No contexto do noso programa para os clubs de lectura (presenciais e virtuais) o escritor Domingo Villar (Vigo 1971), autor de obras como A praia dos afogados ou Ollos de auga celebrará un encontro aberto cos membros dos clubs de lectura ao que pode asistir calquera persoa interesada.

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano
Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Teléf.: 981 184 298 - Fax: 981 184 295 - bforum@coruna.es

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: A sangre fria

As dúas últimas partes do libro céntranse nos asasinos. A súa captura, confesión, o xuízo, a súa vida nas celas do corredor da morte ata a execución. E, de novo, o protagonismo de Perry é maior que o de Dick. Cando estes confesan o seu crime chama a atención o comportamento de Perry cara ás súas vítimas: Saqué una silla al pasillo y la metí en el cuarto de baño. Para que la señora Clutter pudiera sentarse, ya que habían dicho que estaba enferma […]  Vi una caja de cartón muy grande apoyada contra la pared. Una caja de colchón. Bueno, no me parecía bien pedirle que se echara en el suelo frío y entonces arrastré la caja hasta allí, la aplané y le dije que se tumbara encima. [… ] Cuando me marché tuvo un acceso de tos, así que le puse un cojín debajo de la cabeza. A amabilidade que desprega cos que vai matar despois a sangue frío, que o detective Dewey cualifica de irónica y errática compasión (a compaixón polos que están tan mal como el), faille supor ao detective que, por lo menos, uno de los asesinos no carecía totalmente de misericordia.

Pero Perry é un home xa perdido (fatalidade?, destino?) que se delata así mesmo cando afirma na súa declaración un pouco máis adiante: Y pensé: “por qué no te largas? Te largas hasta la autopista y esperas a que alguien te lleve”. Jesús, no quería volver a la casa. Y sin embargo… ¿Cómo podría  explicarlo? Fue como si no se tratara de mí. Más bien como si estuviera leyendo un cuento… y quisiera saber qué ocurre después. El final. Así que volví arriba. E sobre todo: Yo no quería hacerle daño a aquel hombre. A mí me parecía un señor muy bueno. Muy cortés. Lo pensé así hasta el momento en que le corté el cuello. [… ] Me arrodillé junto al señor Clutter y con el daño que me hizo me acordé de aquel maldito dólar. Del dólar de plata. Vergüenza. Asco. Y “ellos” me habían dicho que no volviera nunca a Kansas. Pero no me di cuenta de lo que había hecho hasta que oí aquel sonido. Como de alguien que se ahoga. Que grita bajo el agua.

Dewey comprende (La vida de Perry Smith no había sido ningún lecho de rosas, sino algo patético, una horrible y solitaria carrera de un espejismo a otro) pero non perdoa. A súa tristeza e a súa fatiga son infinitas ante o terror e o sufrimento gratuíto, absurdo, ao que foran sometidos os Clutter.

E todo por cuarenta  o cincuenta dólares.

Gerald Clarke na súa obra Truman Capote: la biografía profunda na relación entre Capote e Perry afirmando: ambos (Perry y Capote) se miraron y vieron, o creyeron ver, al hombre que pudieron haber sido. Había muchas e inquietantes semejanzas entre ellos: la estatura, la madre alcohólica, la ausencia del padre, hogares extraños. Ambos habían buscado en el arte la compensación por lo que les había sido negado […] Cuando miraba (Capote)  aquellos desdichados ojos era como si mirase a una tortuosa región de su inconsciente, que resucitaba pesadillas y temores que encontraron corporeidad en su literatura. […] Desde el principio su relación fue confusa, desasosegante, pero de incesante intensidad. Aunque Truman sabía que necesitaba de la confianza y de la buena voluntada de Perry, no podía evitar achacarle a éste su lacrimógena autocompasión. Cuando Perry culpaba a su desdichada infancia por todo lo que había hecho, Truman lo cortaba indignado: “Yo tuve una de las peores infancias del mundo y soy bastante decente, y un ciudadano respetuoso con la ley”.

O 20 de marzo de 1960 (3 meses logo da súa detención) os asasinos foron condenados á morte. A execución fixouse para o 13 de maio dese mesmo ano. Pero, entón, comezaron os adiamentos sucesivos da sentenza ata o 14 de abril de 1965, data na que foron finalmente executados. E Capote tivo que esperar cinco longos anos para poder escribir o final do seu libro. Había unha realidade moi clara: non podía terminar a novela ata que se soubese que ía ocorrer con Perry e Dick. E que podería pasar se a pena de morte conmutase pola de cadea perpetua? Escribiría Capote o libro que escribiu sabendo que Dick e Perry íano a ler? Non o creo. E como conciliar dentro del a súa comprensión, a súa axuda, a intensa relación que estableceu con eles (chegueinos a coñecer mellor que a min mesmo, Capote dixit) co que ía contar das súas vidas e os seus deleznables actos? Capote estivo atrapado nunha ruela sen saída que durou demasiado, 5 anos, e que lle deixou emocionalmente esnaquizado. A medida que pasaba o tempo e a situación non se solucionaba, o seu nerviosismo e incomodidade ía en aumento. Quería terminar o libro dunha vez para liberarse desa situación insostible pero, tamén, para lograr o éxito e a gloria que sabía que ía obter. El non quería que morresen, ademais non estaba a favor da pena de morte, pero sabía que a execución dos asasinos ía ser o perfecto broche final á súa historia. E esa contradición terminou matándoo a el tamén.

Con esta última reflexión damos por finalizada a lectura deste magnífico libro. Espero que me deades a réplica con numerosos comentarios e coas vosas últimas e persoais reflexións.

Película

Como xa vos comuniquei por mail, xa temos data e película para dar noso “broche final” á lectura:

O sábado 28 de novembro ás 17.30 h no Forum (o punto de encontro será a porta principal da biblioteca) veremos a película A sangre fría de Richard Brooks estreada en 1967 moi pouco despois da publicación do libro.

Espero que podades vir todos. A entrada é libre e desde aquí aproveito para invitarvos a vir aos que nos ledes a través do blog ou de Facebook.

¡Ata o sábado!

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Actividades, A sangre fria16-11-2009

Xa vos comentei hai días que tiñamos as películas Capote (2005) e A sangre fría (1967) para poder reunirnos a ver unha delas ao finalizar a nosa lectura da novela. Algúns de vós manifestastes a vosa intención de ir vela e houbo diversidade de opinións sobre cal das dúas ver.

Temos dúas datas posibles: sábado 28 de novembro ás 5.30 da tarde ou mércores 2 de decembro tamén ás 5.30 (poñemos esta hora pois calquera das dúas pelis dura sobre 130 minutos e, así, despois podemos dispor dun bo tempo para comentala). O lugar, como xa vos dixen, será o Forum metropolitano.                                           

Pídovos dúas cousas: que votedes por unha das dúas películas e polo día que vos vén mellor. Escollemos un sábado por si non podedes un día laborable, e un mércores (eu só teño libre este día pola tarde) por si non podedes o fin de semana. O que si vos pido por favor é que VOTEDES TODOS os que queirades ir, e que o fagades CANTO ANTES, xa que necesitamos, polo menos, unha semana de antelación para organizar o pase da peli. Pode resultar moi interesante e un excelente broche final á nosa lectura.

O pase está aberto a calquera persoa que queira ir vela, así que os que non sodes membros do ciberclub pero seguídesnos, animádevos a vir.

E, por último, unha casualidade. Onte, 15 de novembro, foi o 50º aniversario do asasinato da familia Clutter e o diario El País publicou unha reportaxe que vos convido a ler titulado Flores para los Clutter, onde podemos comprobar como continúa viva na comunidade, 50 anos despois, o recordo desta traxedia.

Non vos esquezades de ir deixando os vosos comentarios sobre a lectura no post anterior Algunhas preguntas e unha reflexión!

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: A sangre fria15-11-2009

Como algúns andades un pouco perezosos e non estades a comentar nada sobre a lectura nin tampouco vos animades a dar a réplica ás cuestións tan interesantes que expuxeron os membros máis activos do club, vou deixarvos algunhas preguntas para ver si así logramos romper o xeo:

A primeira é obrigada:

Como ides coa lectura? Estavos a gustar o libro? Engancha ou aburre? Resúltavos fácil ou difícil de ler?

Que opinades sobre a maneira en que está escrito o libro? Creedes que o autor explora un novo estilo de escribir novelas? Atopades poesía na súa escritura? Alguén dixo que Capote escribira A sangre fría coma se fose á vez un notario e un poeta.

Que sentimentos espértanvos os personaxes, sobre todo os asasinos? Por que pensades que Capote se centra tanto neles? Parece que o autor quere que comprendamos como chegaron a converterse no que son. Respecto da súa opinión sobre o asasinos Capote afirmou nunha entrevista: Non quixen a ningún, pero sentía unha gran comprensión por ambos e a Perry tíñalle moitísima simpatía. Creo que Dick era un ladrón de pouca sonada que se viu coa auga ao pescozo e que foi o verdadeiro responsable dos asasinatos, aínda que foi Perry o que os cometeu. Pero Perry non os fixera de non estar baixo o influxo do que os franceses chaman unha “folie à deux” (trastorno psicótico compartido). Que vos parece esta afirmación? Por que creedes que o autor se involucrou até tal punto nas súas vidas?

Capote vainos narrando os feitos dunha maneira precisa e obxectiva pero sen moralizar en ningún momento, a que creedes que se debe esta ausencia de moralizacións sobre a actuación dos asasinos?

Creedes que este libro é unha viaxe sen fondo ás profundidades da natureza humana? E creedes que Capote saíu indemne desta viaxe? O propio autor afirmou: Cheguei a comprender que a morte é o factor fundamental da vida. E a simple comprensión dese feito modifica toda perspectiva persoal… A experiencia serviu para incrementar a idea tráxica que eu tiña da vida, que sempre mantiven e que explica esa faceta miña que parece sumamente frívola; esa parte de min que sempre estase a burlar da traxedia e da morte. É por iso polo que adoro a champaña e encántame aloxarme no Ritz.

E para finalizar a quenda de preguntas: Considerades que A sangre fría é unha obra mestra (como moitos críticos e comentaristas así o creron)?

Nesta segunda parte de A sangre fría os protagonistas van ser os que quedan: as testigos, a familia, os amigos, os investigadores, pero, sobre todo, os asasinos. A súa huída despois do crime, as súas reaccións, a súa relación. Vémolos tan tranquilos, sen ningunha culpa (teñen sentido de culpa os asasinos?). A Perry só parece preocuparlle os erros gramaticales das noticias que falan do crime e canto costara un funeral ao que foran mil persoas! O fracaso do móbil do crime, o roubo dunha gran cantidade de diñeiro que lles ía a permitir comezar unha nova vida en México, non parece importarlles. Consideran, principalmente Dick, que todo saíu perfecto simplemente porque non deixaron ningunha pegada, aínda que máis adiante, Perry, non Dick, pregúntase si terán algo “anormal” para facer o que fixeron. Dick, pola contra, divírtese atropelando cans.

Capote se explaya en contarnos con todo detalle a infancia dura de Perry (a Dick tocaralle na terceira parte). A outra América, na que non se atopa traballo nunca e vólvese un alcohólico ou violento e comeza a odiar a todos os que teñen o que un non conseguiu pero que desexou fervientemente conseguir, esa América onde nunca nada sale ben como un destino fatalmente tráxico do que non se pode escapar. Non podemos evitar comparala coa América feliz e próspera á que pertence a familia Clutter. Que vidas tan diferentes, e por que? Detrás de tanta explicación parece estar a intención do autor en facernos comprender en que momento das súas vidas Dick e Perry traspasaron o limiar, sen volta posible, que leva ao outro lado. Pero tamén Capote marca moi ben os límites impedindo que sintamos pena por eles (e por suposto tampouco simpatía), en todo caso só comprensión.

Continuamos coa lectura das dúas últimas partes do libro Respuesta e El Rincón até chegar ao final do libro.

Espero os vosos comentarios!

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Na Coruña, Poesía14-11-2009

Recital o martes 17 ás 20.30 h na Biblioteca Municipal de Estudos Locais (R/ Durán Loriga 10, 1º, 15003 A Coruña)

Luis Eduarto Aute: Enormemente popular como cantautor dende os anos 60, conta con toda unha traxectoria igualmente como pintor e como poeta. Compuxo máis de 300 cancións, gravou unha vintena de discos, publicou varios libros de poesía e inventou unha pequena delicatessen de xénero poético que el chama poemigas. Se a poesía naceu para ser cantada, Aute posúe o ritmo, o enxeño e a graza dun talento co que resulta doado conectar.

Lucía Aldao: Un dos nomes máis axitadores, des-solemnizantes e renovadores do panorama poético galego é esta poeta coruñesa moza que mostra máis interese pola palabra interpretada en directo que polas publicacións en papel. A súa solvencia na oralidade e o seu enxeño creativo consegue meter o público no peto cada vez que desprega novas maneiras de comunicar a poesía.

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: A sangre fria01-11-2009

Los últimos que los vieron vivos reconstrúe con minuciosidade as 24 horas previas ao crime. Dende o primeiro momento sábese o que vai pasar. A través da narración do acontecido ese fatídico sábado 14 de novembro de 1959, un día como calquera outro para a familia Clutter pero non para Perry e Dick, o autor vainos presentando aos personaxes, agrupándoos en vítimas e en asasinos, aínda que Capote parece sentar as bases do que el pensa sobre as consecuencias finais do crime cando di xa ao principio do libro: cuatro disparos que, en total, terminaron con seis vidas humanas. As alusións á traxedia que se aveciña van en aumento ata culminar no horror, descrito sen escatimar un detalle a través das testemuñas (poucas e atinadas palabras as do profesor de inglés: estaba demasiado aturdido, demasiado atontado para sentir toda la ruindad del suceso. El sufrimiento. El horror. Estaban muertos. Una familia entera. Buenas personas, gente amable, gente que yo conocía…, asesinados. Había que creerlo porque era rigurosamente cierto). Custa ler esta parte, a nua verdade dos feitos. Díxose que A sangre fría bebe das fontes da traxedia clásica, que é un drama sobre o destino e a fatalidade.

Á reacción xeral de estupor teñido de consternación, una sensación de vago horror que las heladas fuentes del miedo individual se encargaron rápidamente de hacer más profunda e intensa, Capote opón a da señora Clare: cuando te llega la hora, te llega. Y no te van a salvar las lágrimas. Cuando murió Homer gasté todo el miedo que llevaba dentro y todo el dolor también. Si anda alguien por ahí con ganas de cortarme el cuello, le deseo mucha suerte. ¿Qué más da? En la eternidad todo es lo mismo. Porque recuerda esto: si un pájaro llevar la arena, grano a grano, de un lado a otro del océano, cuando la hubiera transportado toda, eso sólo sería el principio de la eternidad.
Con cal das dúas vos identificades máis?

Utilizando a técnica cinematográfica á que aludía no comentario que vos deixei no último post, Capote interrompe a acción no momento en que o coche dos asasinos avanza cara á casa dos Cuttler, para saltar directamente, nun atinado golpe de efecto, á escena en que os cadáveres son descubertos o domingo pola mañá. Temos todo o horror, sen concesións, despregado ante os nosos ollos. Nós, os lectores, sabemos os que os mataron pero non sabemos, aínda, o como nin o porqué. E necesitamos saber máis. 

Hai unha grande obxectividade na exposición dos feitos. Uns feitos expostos sen xuízos para que cada un teña a liberdade de xulgar por si mesmo. Para iso utiliza un estilo sobrio, limpo detrás do cal se adiviña moito traballo. Escribir A sangre fría tivo que supoñer un reto para Capote. O reto era converter seis anos de investigación sobre o terreo e oito mil páxinas de información recollida, nun libro. Un libro moi complicado de escribir que requiría moito tesón e unha estrutura moi clara dende o principio.

Supóñovos metidos de cheo na historia, tanto como para que aínda non deixásedes ningún comentario, así que vos cedo a palabra: é a vosa quenda. Xa sabedes que todos os comentarios son benvidos.
Continuamos coa lectura da segunda parte Personas desconocidas sobre a que poderemos deixar aquí tamén todos os comentarios que nos suxira a súa lectura.

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Escritores, A sangre fria29-10-2009

Todo era verdade, incluído o de xenio: nunha proba que lle realizaron aos oito anos para descubrir por que era tan raro descubriuse que tiña un coeficiente intelectual de 215. 

Truman Capote, un dos máis polémicos e célebres talentos literarios do século XX, naceu en 1924 en Nova Orleans. Sendo moi pequeno os seus pais divorciáronse e foi a vivir cunhas tías anciás a unha granxa de Alabama: tiven unha nenez difícil. Non pasei privacións económicas pero sufrín un total abandono emocional. Nunca sentín que pertencese a ningún lugar.
O seu universo literario construíuse na soidade daquela infancia: empecei a escribir cando tiña 8 anos: de improviso, sen inspirarme en exemplo ningún. Non coñecía ninguén que escribise e pouca xente que lese. Pero o caso era que só me interesaban catro cousas: ler libros, ir ao cine, bailar claqué e facer debuxos. Entón, un día, comecei a escribir, sen saber que me encadeara de por vida a un nobre, pero implacable amo.
Dende ese momento construíu o que el posteriormente chamaría un estilo de ver e oír. Capote sempre contou en todos os seus libros o que vía e oía.
Aos 17 anos xa publicaba contos en revistas e, aos 18 marchouse a Nova York para traballar como redactor en The New Yorker.

Na súa primeira novela, a intensa Otras voces, otros ámbitos, publicada en 1948 (Cando Deus lle entrega a un un don, tamén lle dá un látego; e o látego é unicamente para autoflaxelarse) narra gran parte das tormentosas experiencias da súa nenez, mesturando a realidade coa ficción, o que se convertería nunha constante da súa literatura. A novela, que tivo un grande éxito de público e crítica converténdoo nun escritor famoso, trouxo consigo unha gran polémica xa que falaba abertamente da homosexualidade. A fama, o éxito e a polémica non o abandonarán nin na súa vida nin na súa obra ata o final.

O seu éxito literario foi acompañado dun grande éxito social, o que lle permitiu tratar con intimidade a boa parte da alta sociedade neoiorquina da súa época, á que posteriormente retrataría, na súa obra póstuma e inacabada Plegarias atendidas, de xeito mordaz e ferinte.

Ademais da súa obra mestra A sangre fría, Capote publicou obras moi heteroxéneas nas que sempre aparece a confluencia entre ficción e non ficción:
- El arpa de hierba, unha fermosa novela chea de poesía, onde volve á súa infancia.
- Se oyen las musas, unha divertida reportaxe, precursora da non fiction novel, sobre unha xira teatral dunha compañía estadounidense pola Unión Soviética.
- Desayuno en Tiffany’s, un retrato non só da promiscua, feliz e despreocupada Holly Golightly, senón tamén da sociedade, non exento de crítica, na que se move a protagonista.
- Los perros ladran, un mapa en prosa, unha xeografía escrita da miña vida dende 1942 ata 1972.
- Música para camaleones, testamento literario e intento de literatura total: relatos, artigos, poesía, periodismo, apuntamentos persoais, guións cinematográficos, conversacións…
- Contos (marabilloso Un recuerdo navideño), libros de viaxes (foi un gran viaxeiro) e guións cinematográficos.

Capote elixiu morrer o 25 de agosto de 1984 en Los Ángeles na mansión de Joanne Carson. Esta contou que Truman lle impediu chamar os médicos: Non quero volver pasar por iso. Se che importo, non fagas nada. Déixame ir. As súas últimas palabras foron: mamá, mamá, son eu, son Buddy, sinto frío.

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: A sangre fria21-10-2009

O 16 de novembro de 1959 Truman Capote abriu The New York Times e encontrouse cunha noticia que comezaba así: Un rico agricultor, a súa esposa e dous fillos foron encontrados hoxe na súa casa mortos a tiros. Disparáronlles a queimarroupa despois de atalos e amordazalos

Había tempo que Capote buscaba "escribir feitos e non ficcións", así que a noticia deste cruel asasinato, un tema totalmente alleo a el e un feito que non podía modificar, lle pareceu a escusa perfecta para intentar facer o que perseguía. Capote quería escribir o que el denominaba unha "novela real" (non fiction novel), é decir, un libro que se lese exactamente igual que unha novela, só que cada palabra fose rigorosamente certa. E logrou, de sobra, transformar unha noticia de sucesos nun orixinal e poderoso xénero literario. Xénero que exerceu unha grande influencia sobre o que se deu en chamar o "novo periodismo" cuxos máximos expoñentes foron Thomas Wolfe, Hunter S. Thompson ou Norman Mailer.

O que máis lle espertou curiosidade, inicialmente, non foi o asasinato en si, senón os efectos que puidese provocar nunha comunidade tan pequena e tan illada aquel terrible acontecemento, e co obxectivo de descubrilo viaxou ao lugar dos feitos (Holcomb, unha viliña de Kansas), acompañado da súa amiga de infancia Harper Lee (a autora de Matar un ruiseñor) que foi unha grande axuda nas súas investigacións. Pero a detención dos asasinos o 30 de decembro, ía dar un xiro de 180 graos ao seu proxecto. Pensou que todo o que escribira ata ese momento ía resultar inservible se non podía reconstruír a vida dos asasinos coa mesma exactitude e detalle como a das vítimas. Capote comprometeuse tanto coa historia que chegou a reunir unhas oito mil páxinas ao longo da súa investigación. Pasou seis anos convivindo e entrevistando os paisanos, acompañando os policías que levaban o caso e, sobre todo, coñecendo con profundidade os dous asasinos que, despois de ser detidos e xulgados, esperaban no corredor da morte a ser axustizados. Inclusive, cando foron aforcados, asistiu á execución.

Narrada en terceira persoa omnisciente, a novela desenvolve dúas historias paralelamente, a dos asasinados e a dos asasinos. Compara as súas vidas e os seus sistemas de valores, mostrándonos con ello unha completa radiografía da sociedade norteamericana.

A sangre fría consagrou a Capote como unha figura indiscutible da literatura do século XX. Obtivo o apoio unánime da crítica, vendeu máis de 300.000 exemplares e estivo na lista dos best-sellers durante trinta e sete semanas. Dende entón só en Estados Unidos o número de exemplares vendidos ascendeu a case cinco millóns.

Tras publicar en 1966 A sangre fría toda a súa vida terminou por derrubarse. Nada do que escribiría despois igualaría esta obra mestra. Por un lado, non soubo dixerir o grande éxito que obtivo, pero, sobre todo, entregouse en corpo e alma á dura verdade desta novela durante demasiados anos como para saír indemne. El mesmo definiuno así: "escribir o libro non me resultou tan difícil como ter que vivir con el". Lanzouse a unha espiral de autodestrución ao longo da cal os seus problemas persoais se agravaron, e a súa saúde física e mental sufriu un empeoramento, do que xa nunca podería recuperarse e que culminou coa súa morte en 1984.

O proceso de creación desta novela levouse ao cine na película Capote (2005), na cal o escritor é interpretado polo actor Philip Seymour Hoffman nunha maxistral actuación que lle valeu o premio Óscar ao mellor actor principal.
Tamén se levou ao cine a propia novela en 1967 (A sangre fría) dirixida polo director Richard Brooks.
En 2007 estreouse a película Infamous (Historia dun crime), que conta as peripecias pasadas por Capote (Toby Jones) e Harper Lee (Sandra Bullock) para lograr escribir a novela.
 
Prazos

Como a novela consta de catro capítulos de similar número de páxinas, dividiremos a nosa lectura neses catro capítulos. Ao longo desta semana compartiremos a lectura do primeiro capítulo Los últimos que los vieron vivos que comprende ata a páxina 74.

 

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: A sangre fria13-10-2009

 
Sangre fría
Abandonamos o fermoso xogo da imaxinación que é Merlín e familia e dando un salto necesario imos somerxernos nun mundo totalmente oposto:  A sangre fría, un libro estremecedor que supón a obra mestra de Capote e que el mesmo definiu como "novela sen ficción" (non fiction novel).
 
Xa podedes pasar a recoller os vosos exemplares na Biblioteca de Forum.

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Noticias, Escritores, Recomendacións

Así o anunciou a Academia Sueca que a premia por "describir coa densidade da poesía e a franqueza da prosa, o universo dos desposuídos". A novelista, poeta e ensaísta de 56 anos de idade afirmou ao coñecer a noticia: "Estou sorprendida e aínda non o podo crer. De momento non podo dicir máis".

A escritora, que vive en Berlín dende 1987, naceu en Nytzkydorf (Romanía) en 1953 nunha familia da minoría alemá nese país -á que pertenceron outros escritores emblemáticos alemáns como Paul Celan ou Oskar Pastior-. Herta Müller estudou filoloxía xermánica e filoloxía romanesa simultáneamente, tratando de afondar nos coñecementos das dúas literaturas ás que sentía que pertencía. A súa obra encarna en boa parte o destino da minoría alemá nos países do centro de Europa que, tras o fin da Segunda Guerra Mundial, en moitas ocasións tiveron que pagar por partida dobre as culpas do nacionalsocialismo.

En España están editadas varias das súas obras, entre outras En tierras bajas e El hombre es un gran faisán en el mundo (ambas as dúas en Siruela), La bestia del corazón (Mondadori) e La piel del zorro (Plaza&Janés). Así mesmo, podedes encontrar nas nosas bibliotecas a tradución ao galego, editada por Xerais, O home é un grande faisán no mundo.
 
A calidade da súa escritura e a audacia das súas metáforas valéronlle antes varios premios literarios, entre eles o Kleist, un dos maiores galardóns alemáns, en 1994, e o Premio Würth de literatura europea en 2006.
 

A Herta Müller gústalle recortar palabras nos xornais e revistas. Clasifícaas para despois utilizalas ou deixalas envellecer nun canto do seu escritorio: ve nelas unha metáfora da vida.

Antes de Müller, o último alemán que recibiu o Nobel de Literatura foi Günter Grass, galardoado en 1999. Herta Müller é a duodécima muller coroada con este premio.

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Merlín e familia08-10-2009

 Dou por feito que todos rematastes a lectura de Merlín e familia. Hai uns días deixei un par de comentarios para animarvos a que fixésedes o propio a xeito de conclusión. Hoxe anímovos a facelo igualmente para dar con iso fin á nosa lectura. Calquera cousa que vos quedase no tinteiro ou o que queirades comentar será benvido.

Como deixastes escrito nos sucesivos post, todos, ou case todos, gozamos con esta lectura e deixámonos arrastrar polas súas historias. Un logro do mestre é conseguir que os lectores participen fascinados no seu proceso narrativo.

O noso compañeiro Oliveira resaltou a ironía que contén esta obra e para referirse a ela hai que mencionar o tratamento desmitificador e lúdico do personaxe de Merlín, así como o de Dona Ginebra, a través dun distanciamento irónico, que ás veces chega a ser paródico, convertendo, deste xeito, o mítico en cotián. Así, Merlín, viste de negro pero tamén leva unha bufanda colorada, ou Xenebra é máis ben gorda e de cando en vez para de bordar para rascarse o lombo. O mesmo tratamento o aplicou a outros personaxes míticos presentes na súa obra: Simbad, Orestes, Ulises

Merece resaltar a orixinalidade de incluír un índice onomástico ao final do libro, índice que reforza a narración. Cunqueiro engadíaos ao final de case todas as súas obras e son en realidade un "dramatis personae", porque non hai que esquecer a importancia do teatro na súa vida, xénero que tamén cultivou. Así mesmo, a división en xéneros literarios non tiña sentido para el. No índice inclúe un aceno á vila que lle viu nacer, Mondoñedo, definíndoa como unha cidade de Galicia, sonada polos Bispos, e polo cabalar das San Lucas, i onde naceu o señor Cunqueiro, que puxo en formado istas historias. É rica en pan, en augas i en latín.

As vastas influencias literarias en Cunqueiro van dende os cancioneiros medievais ata as vangardas de principios do século XX, pasando por Dante, Cervantes, referencia constante na súa obra, Shakespeare e o seu moi admirado Valle-Inclán (do que dicía que era parente seu) entre outros.

Dentro duns días anunciareivos cal é noso próximo libro que poderedes ir a recoller dende o mesmo momento en que se publique ese post. Hai un cambio no sistema de recollida dos libros. A partir de agora todos recolleredes e devolveredes o libro na biblioteca de Forum. Deste xeito axilizaremos a entrega e será máis doado para nós facer un seguimento dela. O voso exemplar de Merlín e familia debedes devolvelo xa en Forum.

 

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Poesía, Merlín e familia26-09-2009

Así falaba Cunqueiro do seu xeito de traballo na época en que só escribía poesía: Ren poido decir. Como si a luz fixera un redondel branquísimo no escuro. Eu vou entrando nil e poñendo verbas, verbas. Cando xa me sinto eu todo naquela mesma luz, van saindo outras verbas diferentes, cáseque un mundo. Iste é o poema.

Non sei que é a poesía. Técnica? Tampouco non sei.

Álvaro Cunqueiro definíase a si mesmo cun "ante todo poeta" e en 1970 afirmaba: Eu dificilmente escribo unha novela se ao mesmo tempo non escribo uns poemas que aparecen como feitos, como personaxes, da novela. Sempre creei unha poesía paralela. Isto proba que non me basta a novela.

E agora que fale a poesía. Déixovos cunha poética das máis fermosas e cheas de verdade que lese xamais e cun poema que mostra o seu alto facer poético.

POÉTICA

O poema, o meu poema, é a parte que eu teño na Creación, e é unha parte sorprendida, aínda que voluntaria, e sen dúbida perfeccionada pola nostalxia. Onde sexa que roube o lume, participo soamente con palabras, e coas músicas, esa sombra que teñen as palabras, unha vez longa, como cando a tarde morre, outra vez breve, como na hora meridiana.
Fóra do que unha boca humana é, non sei onde reside a poesía, aínda que sei que está nas palabras como están as imaxes nos espellos. E tamén si, unha veracidade sentimental que se satisfai con palabras, como a serpe que se deixa encantar pola frauta.
Eu teño alguén xunto a min que de improviso se pon a escoitar. Quizais sexa o meu Anxo Custodio. Entón comezo a coller palabras, aquí e alá, e sempre me quedo marabillado de que dunha a outra poida tender un fío que, tenso e pulsado con temerosa man, soe como unha corda de viola no silencioso salón dun pazo deserto.

 

Ese que canta baixiño na mañán

eu non son. As  horas vanse, vanse

como nubes brancas tralos montes escuros.

Sen música, nin palabras

de min mesmo baleiras, e sen luz.

O que a meu carón soñe, que ese non agarde

nin unha ollada de mín.

Quizabes porque prefiro a todo

o que amei noutrora, cando sorrir sabía.

Pasei o tempo aloumiñando a pel da memoria miña,

espellos que se acenden

lámpadas e rostros, que a tentas recoñezo,

tea sombriza, e morna suave,

choiva que me vén aos beizos dende os días

de amor, abril antigo e rosas na roseira.

O que a meu carón soñe, que ese non agarde

nin unha ollada de mín,

que soamente atendo aos meus recordos,

por se pola néboa deles pasan os seus ollos verdes

aos que iban as bolboretas do verán

como se fosen prados pra os seus xogos.