Nunha cidade alemá, poucos anos logo da II Guerra Mundial, Michael Berg é un adolescente afectado por hepatite, e aínda que a enfermidade faille sentirse algo débil, fai as cousas propias da súa idade. Ata que un bo día, nun encontro fortuíto coñece a Hanna, unha muller varios anos maior que él, cobradora no tranvía, con quen comeza a vivir sensacións e sentimentos que ata de agora nunca experimentara.
El lerá para ela fragmentos de grandes obras literarias das que ata o momento apenas ouvira falar. E así, os seus encontros estableceron un ritual de lectura e sexo, que iniciará a ambos nun proceso de evolución, de aprendizaxe.
Schilnk, na voz de Michael recrea para nós as situacións vividas dunha forma moi accesible, describindoas cunha enorme sinxeleza. Utiliza unha linguaxe moi clara e simple, sen opulencias.
Podemos facer coincidir a nosa parada co final da primeira parte (na páx. oitenta) e comentar que impresións desperta en vos esta relación. Resúltavos crible? Apreciades esa sobriedade do texto?
Bernhard Schlink (nacido o 6 de xullo de 1944 en Großdornberg) é un escritor alemán e avogado. En 1998 foi nomeado xuíz na corte constitucional do estado federal de Renania do Norte-Westfalia e é profesor de historia da lei en Universidade Humboldt, Berlin, desde xaneiro de 2006.
A súa carreira como escritor comezou con novelas policiais tendo como protagonista a un personaxe chamado Selbst; a súa primeira novela chamouse Auto-castigo. Outra das súas novelas, O nó gordiano, gañou o premio Glauser en 1989. En 1995 publicou O lector (Der Vorleser), unha novela parcialmente autobiográfica sobre un adolescente que ten un romance cunha muller maior que desaparece súbitamente e logo reencóntralla sendo estudante de avogacía nun xuízo aos criminais da segunda guerra mundial. O libro converteuse nun éxito de vendas en Alemaña e foi traducido a 39 idiomas. A primeira edición española apareceu no ano 1997. Gañou o premio Hans Fallada, o premio Welt, o premio italiano Grinzane Cavour, o premio francés Laure Bataillon e o premio Ehrengabe da Dusseldorf Heinrich Heine Society. No ano 2000 publicou unha colección de contos titulada Amores en fuga. No ano 2007 publicou a súa última novela chamada O retorno, publicada en galego pola Editorial Galaxia.
Bibliografía de Schilnk nas Bibliotecas Munipais da Coruña:
-
El lector
-
Amores en fuga
-
El engaño de Selb
-
El fin de Selb
-
El regreso
O índice de lectura en España mellora lixeiramente e sitúase no 57 por cento
Case o 57 por cento dos españois le frecuentemente fronte ao 43 por cento da poboación que non o fai nunca ou case nunca, segundo un informe dado a coñecer polos editores españois correspondente a 2007, que demostra un aumento de 1,4 puntos no índice de lectura respecto ao ano anterior.
O informe "Hábitos de Lectura e Compra de Libros en España 2007" da Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) conclúe que o perfil do lector español consolídase como muller, universitaria e moza que prefire a novela, le en castelán e na casa, por entretemento.
O estudo destaca que o índice de lectura do 56,9 por cento da poboación corresponde a case 22 millóns de persoas, que len unha media anual de 8,6 libros, cunha lectura de 5,8 horas semanais entre os lectores frecuentes.
O informe, presentado polo director executivo da Federación de Gremios de Editores de España (FGEE), Antonio María Ávila, diferenza entre o 41 por cento que se declara lector frecuente, é dicir le libros diaria ou semanalmente; o 15,9 por cento que son lectores ocasionais, len algunha vez ao mes ou ao trimestre; e o 43,1 por cento da poboación que non le nunca ou case nunca.
Os libros máis leidos do 2007 son:
La catedral del mar, de Ildefonso Falcones
Los pilares de la tierra, de Ken Follet
El código da Vinci, de Dan Brown
La sombra del viento, de Carlos Ruiz Zafón
Ángeles y demonios, de Dan Brown
Agora coñemos algo máis a Christofer, sabemos que non lle gustan as cores marrón nin amarelo, que no comprende os rotros, nin as metáforas, nin a ironia, que non lle gusta que ó toquen, nin as mentiras e que adora a Sherlock Holmes e as matemáticas.
Os dias pasan e a investigación non avanza. Todo o contrario, Christofer non terá que desvelar un só enigma senon que agora son dous, un descubrimento fará que a historia de un xiro.
Dende agora podedes facer os comentarios desta segunda e última parte neste post. Ánimo.

O poeta arxentino Juan Gelman (Buenos Aires, 1930) recollerá o 23 de abril, en Alcalá de Henares, o Premio Cervantes. Por este motivo, en El Pais podemos ler unha entrevista que lle fixeron para o suplemento Babelia. Un escritor marcado polas traxedias, o exilio e a desaparición do seu fillo ainda que nos seus últimos libros estase distanciando do seu pasado. Tamén podedes consultar a Bitácora de Gelman na que vos atoparedes artigos recentes de prensa, noticias, poemas, obras editadas, etc.
Todavía lloro, hay momentos que no puedo evitarlo, desoyendo el consejo del tango "un hombre no debe llorar". Creo que aquel que no puede llegar a llorar está algo mutilado. Eso tampoco se puede dictar cuándo sucede.



