Los últimos que los vieron vivos reconstrúe con minuciosidade as 24 horas previas ao crime. Dende o primeiro momento sábese o que vai pasar. A través da narración do acontecido ese fatídico sábado 14 de novembro de 1959, un día como calquera outro para a familia Clutter pero non para Perry e Dick, o autor vainos presentando aos personaxes, agrupándoos en vítimas e en asasinos, aínda que Capote parece sentar as bases do que el pensa sobre as consecuencias finais do crime cando di xa ao principio do libro: cuatro disparos que, en total, terminaron con seis vidas humanas. As alusións á traxedia que se aveciña van en aumento ata culminar no horror, descrito sen escatimar un detalle a través das testemuñas (poucas e atinadas palabras as do profesor de inglés: estaba demasiado aturdido, demasiado atontado para sentir toda la ruindad del suceso. El sufrimiento. El horror. Estaban muertos. Una familia entera. Buenas personas, gente amable, gente que yo conocía…, asesinados. Había que creerlo porque era rigurosamente cierto). Custa ler esta parte, a nua verdade dos feitos. Díxose que A sangre fría bebe das fontes da traxedia clásica, que é un drama sobre o destino e a fatalidade.

Á reacción xeral de estupor teñido de consternación, una sensación de vago horror que las heladas fuentes del miedo individual se encargaron rápidamente de hacer más profunda e intensa, Capote opón a da señora Clare: cuando te llega la hora, te llega. Y no te van a salvar las lágrimas. Cuando murió Homer gasté todo el miedo que llevaba dentro y todo el dolor también. Si anda alguien por ahí con ganas de cortarme el cuello, le deseo mucha suerte. ¿Qué más da? En la eternidad todo es lo mismo. Porque recuerda esto: si un pájaro llevar la arena, grano a grano, de un lado a otro del océano, cuando la hubiera transportado toda, eso sólo sería el principio de la eternidad.
Con cal das dúas vos identificades máis?

Utilizando a técnica cinematográfica á que aludía no comentario que vos deixei no último post, Capote interrompe a acción no momento en que o coche dos asasinos avanza cara á casa dos Cuttler, para saltar directamente, nun atinado golpe de efecto, á escena en que os cadáveres son descubertos o domingo pola mañá. Temos todo o horror, sen concesións, despregado ante os nosos ollos. Nós, os lectores, sabemos os que os mataron pero non sabemos, aínda, o como nin o porqué. E necesitamos saber máis. 

Hai unha grande obxectividade na exposición dos feitos. Uns feitos expostos sen xuízos para que cada un teña a liberdade de xulgar por si mesmo. Para iso utiliza un estilo sobrio, limpo detrás do cal se adiviña moito traballo. Escribir A sangre fría tivo que supoñer un reto para Capote. O reto era converter seis anos de investigación sobre o terreo e oito mil páxinas de información recollida, nun libro. Un libro moi complicado de escribir que requiría moito tesón e unha estrutura moi clara dende o principio.

Supóñovos metidos de cheo na historia, tanto como para que aínda non deixásedes ningún comentario, así que vos cedo a palabra: é a vosa quenda. Xa sabedes que todos os comentarios son benvidos.
Continuamos coa lectura da segunda parte Personas desconocidas sobre a que poderemos deixar aquí tamén todos os comentarios que nos suxira a súa lectura.