O 16 de novembro de 1959 Truman Capote abriu The New York Times e encontrouse cunha noticia que comezaba así: Un rico agricultor, a súa esposa e dous fillos foron encontrados hoxe na súa casa mortos a tiros. Disparáronlles a queimarroupa despois de atalos e amordazalos.
Había tempo que Capote buscaba "escribir feitos e non ficcións", así que a noticia deste cruel asasinato, un tema totalmente alleo a el e un feito que non podía modificar, lle pareceu a escusa perfecta para intentar facer o que perseguía. Capote quería escribir o que el denominaba unha "novela real" (non fiction novel), é decir, un libro que se lese exactamente igual que unha novela, só que cada palabra fose rigorosamente certa. E logrou, de sobra, transformar unha noticia de sucesos nun orixinal e poderoso xénero literario. Xénero que exerceu unha grande influencia sobre o que se deu en chamar o "novo periodismo" cuxos máximos expoñentes foron Thomas Wolfe, Hunter S. Thompson ou Norman Mailer.
O que máis lle espertou curiosidade, inicialmente, non foi o asasinato en si, senón os efectos que puidese provocar nunha comunidade tan pequena e tan illada aquel terrible acontecemento, e co obxectivo de descubrilo viaxou ao lugar dos feitos (Holcomb, unha viliña de Kansas), acompañado da súa amiga de infancia Harper Lee (a autora de Matar un ruiseñor) que foi unha grande axuda nas súas investigacións. Pero a detención dos asasinos o 30 de decembro, ía dar un xiro de 180 graos ao seu proxecto. Pensou que todo o que escribira ata ese momento ía resultar inservible se non podía reconstruír a vida dos asasinos coa mesma exactitude e detalle como a das vítimas. Capote comprometeuse tanto coa historia que chegou a reunir unhas oito mil páxinas ao longo da súa investigación. Pasou seis anos convivindo e entrevistando os paisanos, acompañando os policías que levaban o caso e, sobre todo, coñecendo con profundidade os dous asasinos que, despois de ser detidos e xulgados, esperaban no corredor da morte a ser axustizados. Inclusive, cando foron aforcados, asistiu á execución.
Narrada en terceira persoa omnisciente, a novela desenvolve dúas historias paralelamente, a dos asasinados e a dos asasinos. Compara as súas vidas e os seus sistemas de valores, mostrándonos con ello unha completa radiografía da sociedade norteamericana.
A sangre fría consagrou a Capote como unha figura indiscutible da literatura do século XX. Obtivo o apoio unánime da crítica, vendeu máis de 300.000 exemplares e estivo na lista dos best-sellers durante trinta e sete semanas. Dende entón só en Estados Unidos o número de exemplares vendidos ascendeu a case cinco millóns.
Tras publicar en 1966 A sangre fría toda a súa vida terminou por derrubarse. Nada do que escribiría despois igualaría esta obra mestra. Por un lado, non soubo dixerir o grande éxito que obtivo, pero, sobre todo, entregouse en corpo e alma á dura verdade desta novela durante demasiados anos como para saír indemne. El mesmo definiuno así: "escribir o libro non me resultou tan difícil como ter que vivir con el". Lanzouse a unha espiral de autodestrución ao longo da cal os seus problemas persoais se agravaron, e a súa saúde física e mental sufriu un empeoramento, do que xa nunca podería recuperarse e que culminou coa súa morte en 1984.









Acabo de facerme cun exemplar aquí en Ourense y xa empeceí.....mais que nada por eu teño en principio máximo un mes. Recordo que a película non me gustara moito porque esperaba coñecer a súa vida non o seu libro pero agora ha de valerme para poñer na miña mente imagen ó que lea.........así que sí,Chus,pódome enganchar.....Por certo,fixémme dous regalos a mi mesmo,o último libro de Saramago e o último de Eduardo Mendoza.
Teño a casa a reventar de castañas,que pena que non estedes máis cerca......un saudo
Comment por Nando — 21-10-2009 @ 19:30
Hola Nando, me alegro que te puedas enganchar, estaremos más o menos un mes con el libro así que te dará tiempo a leerlo. Muy buenos regalos, espero que los disfrutes. Y sí, qué lástima lo de las castañas y lo bonito que debe de estar aquello ahora en otoño. ¡Qué envidia! Gracias por la invitación.
Comment por Chus Molina (Coordinadora) — 22-10-2009 @ 00:51
Si Nando, ya nos contarás que "nuevas lecciones" sobre la vida nos da Saramago. ¿No te parece que habla (escribe) siempre desde los altares?
Comment por Julio — 22-10-2009 @ 10:16
pues me está gustando el libro......oye,Juliuo,no se exactamente por donde va tu comentario sobre Saramago,con lo cual no se que contestarte.un saludo
Comment por Nando — 22-10-2009 @ 21:18
Pues eso, Nando, que es una persona que dice estar comprometida con una realidad, con un aire muy crítico, cargado siempre de razón, etc. todo eso mientras disfruta de una magnífica vida fruto de un sistema que critica.
Comment por Julio — 28-10-2009 @ 15:40
Recogí mi libro en el Fórum, estoy encantada de haberos descubierto, me parece una idea fantástica esto del club virtual de lectura.
He leido A sangre Fria hace muchos años, y después ví la película, que creo fue una avanzadilla para su época. Desde la lectura del libro, me empezó a interesar CAPOTE, me encanta su forma de escribir: detallista, prolijo, pero al mismo tiempo concreto y claro. Tambien vi las películas, las tres, y la de CAPOTE de Seymur, me confirmó en la imagen que tenía de Truman Capote.
Cuando recogí el libro en el Forum, realmente lo hicde para empezar esta aventura virtual, pero no tenia muy claro si lo iba a leer otra vez, es muy duro.
Pues empece la misma tarde, y me engancha en cada página más,quizas porque lo veo con una perspectiva de años y despues de haber profundizado con la biografia del autor, pero me parece vivirlo otra vez. Y esa es la maravilla de la lectura.
Gracias por vuestro trabajo y felicitaciones.
Por cierto, lo de los número anti spam, podrian ser algo mas definidos???
Comment por Bea Some — 01-11-2009 @ 18:53