Biblioteca Municipal dos RosalesO sábado inauguramos unha nova biblioteca municipal dentro do noso sistema de bibliotecas públicas e xa van sete. As 12 da mañá púsose en marcha, coa presencia do alcalde da cidade, Javier Losada, e da Concelleira de Cultura, Mª Xosé Bravo, a nova biblioteca de Os Rosales que podedes atopar na Praza Elíptica deste xove barrio coruñés. Se sodes da zona xa sabedes que estamos a vosa disposición nesta nova biblioteca.