Este club de lectura non ten nada: nin horarios, nin local, nin caras

Ciberclub

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Noticias27-07-2009

Dotada con un premio de 7.000 euros (en concepto de adelanto por los derechos de autor) se convoca esta segunda edición del premio de poesía para niños "Ciudad de Orihuela" al que podrán concurrir cualquier persona mayor de edad con un libro inédito, en castellano, no publicado y, obviamente, dedicado a la poesía para niños. El plazo de entrega finaliza el 19 de septiembre de 2009.

 [Ver toda la información]

Por: Julio Pesquero | Categorías: Xeral04-07-2009


Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: O ciberclub01-07-2009

Pois si, nos imos de vacacións xullo e agosto. Volveremos en setembro con novos libros e autores e con ganas renovadas despois dun bo descanso estival. Pero non imos deixar de ler, e menos agora que, coas vacacións, teremos máis tempo para practicar un dos nosos deportes favoritos. Moitos xa comentastes que vos ides dedicar a continuar coa triloxía Millennium, xa nos contaredes que vos parecen a segunda e terceira parte. Pitty prefire dedicarse ao último premio Príncipe de Asturias, Ismail Kadaré, e recoméndanos a novela de Patrick Modiano, No café da xuventude perdida (boa idea, Pitty, faláronme moi ben del e quizais o lea tamén este verán). Pola miña banda quero saldar unha conta pendente que teño dende hai tempo: ler Moby Dick de Herman Melville. Pero tamén quero ler a Kadaré e algo de poesía que a teño un pouco abandonada.

Contádenos que ides ler este verán, e animádevos a deixar suxestións de libros que vos gustasen ou que vos gustaría ler. Entre as miñas están varios premios deste ano: Kadaré, do que teño moi boas referencias; calquera das novelas dos últimos premios Nobel, Le Clezio, e Cervantes, Juan Marsé; Esperando a Robert Capa de Susana Fortes (Premio Fernando Lara), pero tamén a autobiografía recentemente editada deste fotógrafo crave do século XX, Ligeramente desenfocado, centradas na súa experiencia como correspondente gráfico durante a Segunda Guerra Mundial e cuxo principio promete: Ya no tenía motivo alguno para levantarme cada mañana.
Outras suxestións son a última novela da marabillosa muller e excelente escritora Ana María Matute, Paraíso Inhabitado, ou os sorprendentes e maxistrais relatos de Alice Munro (un dos meus achados deste ano, é incriblemente boa). Tamén editaron este ano nun só volume toda a obra dunha das mellores "contistas" española, Cristina Fernández Cubas, o seu título: Todos los cuentos. E continuando cos relatos, e con as mulleres,  non podo deixar de recomendarvos a unha das "mestras" do xénero, Katherine Mansfield.
No capítulo de novela negra soa interesante a última novela do autor galego Domingo Villar, A praia dos afogados, ambientada na Galicia mariñeira. Non me quero esquecer da poesía. Ademais dos poetas publicados no blog ao longo destes meses, quixera recomendarvos a Alfonso Armada, un bo amigo e excelente poeta, con obra en galego e en castelán. E para os viaxeiros unha boa recomendación que me fixo un amigo hai anos: escollede unha novela dun autor do país que vaiades visitar e que, preferiblemente, se desenvolva alí. É un excelente xeito de coñecer a idiosincrasia do lugar.

Aínda que esteamos de vacacións eu entrarei de cando en vez no blog, así que non dubidedes en deixar calquera comentario que vos apeteza.
Julio e eu desexámosvos unhas felices vacacións a todos. Que as gocedes e ata setembro!

Por suposto podedes escribir os comentarios que queirades sobre o noso último libro, sobre todo os que aínda non o fixestes, e, cando o rematedes, non se vos esqueza devolvelo!

Por: Julio Pesquero | Categorías: Noticias

Un buen día del año 1961 Raymond Queneau quiso hacer el poema más largo del mundo pero muy pronto se dio cuenta de que por muy extenso que lo hiciese siempre habría alguien que posterioremente lo podría hacer más largo.

De manera que tuvo que encontrar un sistema que le permitiese hacer un poema inagotable en el menor tiempo posible… ¡¡y lo consiguió!!

El poema, en realidad no tiene más de 10 páginas,  cada página tiene un soneto pero cada uno de ellos está escrito sobre 14 lengüetas móviles e independientes entre sí. Se puede así lengüetas aleatoriamente (como un rompecabezas) y siempre aparecerá un nuevo soneto con sentido.

¿Cual es el resultado? Pues nada más y nada menos que 100.000.000.000 poemas. ¿No lo crees? Pues entra en esta página y compruebalo.