É hora de sacar conclusións. Rematastes xa o libro? Que valoración final podedes facer sobre el?Vexo que á maioría vos gustou, poderiades explicar por que ou por que non aos que non vos gustase? Que vos pareceu a historia? E a súa estrutura? A que credes que obedece a división da obra en dous tipos de capítulos: os nomeados coas estacións do ano e os titulados coas frases entresacadas da "familia feliz" (e branca)? E o xeito de narrala, as distintas voces que utiliza a autora, a súa escritura tan poética?
Que opinades sobre o que di cara ao final acerca de que os únicos que amaron a Pecola foron Línea Maginot e Cholly? Credes que é certo? E se o é, como puido facer o que fixo á súa filla?
Paréceme moi logrado e moi representativo o capítulo no que describe como as amigas da tía de Cholly a coidan, a solidariedade entre estas mulleres xa maiores; como as define (sublime), o talle moral que alcanzan unhas mulleres que sufriron e soportaron o peso de todas a súa familia, a súa dor e o seu sufrimento; como describe a súa evolución na vida ata chegar a estas fermosas palabras finais: estaban más allá de las lágrimas, más allá del terror. Ahora podían recorrer los caminos del Mississippi, las sendas de Georgia, los campos de Alabama, sin que les molestara nadie. Eran los bastante viejas para encolerizarse donde y cuando quisieran, estaban lo bastante fatigadas para esperar sin angustia la muerte, lo bastante desvinculadas de la carne para aceptar la noción de dolor a la vez que ignoraban su presencia. Eran, de hecho, y al fin, libres (páx.174).
Así mesmo, transcribo o fragmento sobre a relación que establece entre a vida de Cholly e a música (algo tan importante na escritura de Morrison): los fragmentos de la vida de Cholly sólo tendrían coherencia en la mente de un músico… sólo ellos conocerían la manera de conectar el corazón rojo de una sandía con la bolsa de asafétida y con las uvas verdes, con la luz de una linterna en su trasero y los puñados de billetes y la limonada en un bote de vidrio y un hombre llamado Blue, para dar una idea de lo que todo aquello significaba en cuanto a alegría y dolor, en cuanto a amor, en cuanto a ira, y a darle como culminación el ansia penetrante de libertad. Sólo un músico percibiría, comprendería, sin ni siquiera percatarse de ello, que Cholly era libre. Peligrosamente libre. Libre de experimentar cualesqueira de las sensaciones que le acometían: miedo, culpa, vergüenza, amor, pesadumbre, lástima (páx.199).
O final do libro é demoledor: es demasiado, demasiado, demasiado tarde.
Quero deixar unha última reflexión e é que a min me parece que a escritura de Morrison vai moito máis alá do seu desexo de escribir sobre os afroamericanos dun xeito inequivocamente negro. Creo que non necesita ningunha etiqueta fóra da escritura mesma. Sinxelamente, é unha escritora. Unha grande escritora adulta e chea de verdade.
Agora cédovos a palabra para que cos vosos comentarios pechedes esta fermosa e triste historia.






Eu xa comentei anteriormente os motivos polos que deixei de ler este libro,con lo cual non podo falar do final. Como resumen, para min é unha historia do mais normal,escrita algo rebuscada, que non me fascina,nin moito menos......E cada vez busco mais n un libro que me diga algo pero que ó memso tempo fágame disfrutar. Non é o caso para min.....Será moi boa escritora,non o sei, pero polo de agora non a teño na miña lista de destacados,nin moito menos.......Saludos.
Comment por Nando — 16-05-2009 @ 10:21
Ola a todos. Ben parece que chegamos á fin desta lectura e pola miña parte cun balance francamente positivo, sobre todo pola forma que tivo de levar á literatura a voz da comunidade afroamericana, cando outros grandes escritores (estaseme a ocurrrir Faulkner, por exemplo) o máis que fixeron foi por a negros nas súas novelas, esta mostranos a ese "negro" home, muller, nena, anciá, en todo o seu esplendor, e non so iso, se non que no los presenta como grupo, como minoría (aínda sendo maioría en número moitas veces)que loita contra a súa propia negación, que se esconde en si mesma e tenta escapar da súa diferencia para buscar a felicidade que cren posúen os blancos polo mero feito de selo. Presentanos tamén pola contra unah forza nacente que comeza a valorar e apreciar a diferencia que supón en sí mesmo o ser negro esa sorte de autoafirmación que nace dun para logo transmitirse ao grupo, ao todo.
E na forma, destacaría sobre todo a cadencia máis próxima á música ca a prosa, "unha novela que se oe ben" que ao lela un imaxina un saxo, unha trompeta, un blues, unha peza de jazz.
Aledome de tela lido.
Saúdos a todos
Comment por pitty ritty — 18-05-2009 @ 21:58
P.D. Ninguén me vai retrucar??? E se estou equivocada?? E se se equivoca Nando?? Dicidenos algo, aínda que só sexa por sentir que non estamos sós!!!!!
Comment por pitty ritty — 18-05-2009 @ 22:00
Eso, ¿dónde están los demás? ¿No tenéis nada que comentar chicos y chicas: Rojo, Seredka, Carmen, Lorien, Jose, Antonio, Helena...? Venga, animaos, esperamos con ganas vuestros comentarios
Comment por Coordinadora Clube — 19-05-2009 @ 00:39
Por certo, coordinadora, xa hai datas para entregar e recoller? Digo por irme organizando que teño duas semanas bastante liadas
grazas, un saudiño
Comment por pitty ritty — 19-05-2009 @ 17:27