Co obxectivo de recuperar os premios literarios que dende os 60 convocou a Agrupaçon Cultural O Facho, este ano convocouse a XLII edición do certame que leva o nome de Carlos Casares como unha agarimosa homenaxe ao que fora o primeiro gañador, no ano 68, co conto “A galiña azul”.

O concurso está dividido en dúas categorías,  A (para alumnos de 6 a 12 anos) e  B (de 12 a 16), e este ano o xurado está formado por Xabier P. Docampo, José Mondelo, Mar Hermida e Soledad González Maside.

O xoves, día 14, ás 12:30, e dentro das actividades programadas pola Agrupación co gallo do Día das Letras Galegas, tivo lugar unha ofrenda floral diante do monumento a Curros Enríquez na que o presidente de O Facho, José Luis Rodríguez Pardo deu a coñecer os gañadores do concurso.

A entrega de premios terá lugar na Fundación Caixa Galicia, no Cantón Grande,  o próximo 20 de maio, ás 20:00.