Mensaxe para todos os membros do ciberclub: A quedada será definitivamente o mércores 13 de maio ás 7 da tarde na Biblioteca Municipal de Castrillón sita na praza Pablo Iglesias (teléfono: 981 184 390). Para os que non poidades estar a esa hora, non hai problema en que aparezades máis tarde na mesma biblioteca onde estaremos visitando con tranquilidade as súas instalacións (a biblioteca non pecha ata as 21h.). De aí iremos a tomar algo (ao redor das oito) e deixaremos recado de onde estaremos para os máis demorados.
Elena Poniatowska no II Encontro Cidade da Coruña "Mulleres na literatura"
O 8 de maio ás 20 horas a escritora mexicana Elena Poniatowska dará unha conferencia sobre A literatura que vén da rúa. O acto que está organizado polo Concello da Coruña e a Asociación de Escritores en Lingua Galega, terá lugar na Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11).
Elena Poniatowska (París, 1933) é xornalista e narradora cunha ampla obra publicada na que se inclúen novelas, ensaios, contos e libros de entrevistas. Posúe numerosos premios entre os que destacan o Premio Nacional de Periodismo (1978) e o Premio Alfaguara de Novela 2001 por La piel del cielo.
Muller comprometida politicamente é unha escritora combativa e crítica que escribe sobre os que non teñen voz. A súa literatura ten orixe na rúa, onde busca con avidez seres anónimos que conteñen historias e lamentos:
En realidad mis voces, mi inspiración, son las voces de la calle, la vida diaria, lo que nos pasa todas las mañanas, todas las tardes y las noches. Yo creo que todos tenemos un fondo de tristeza de lo que no logramos. En el fondo del alma y del espíritu tenemos un lugar donde los pensamientos duelen mucho, donde hay tristezas que no decimos a nadie, pensamientos de fracaso que tampoco comunicamos (La piel del cielo).





