Este club de lectura non ten nada: nin horarios, nin local, nin caras

Ciberclub

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Los hombre que no amaban...25-05-2009

 
O libro que imos comezar a ler é o primeiro dunha triloxía que está a ser un verdadeiro fenómeno literario dende a súa publicación en Suecia en 2005. En toda Europa e en Estados Unidos vendéronse millóns de exemplares e é número un nas listas dos libros máis vendidos. O artífice deste boom é o xornalista Stieg Larsson que faleceu inesperadamente dun ataque ao corazón aos 50 anos, días despois de entregar ao seu editor o terceiro volume da triloxía Millennium e pouco antes de ver publicado o primeiro Los hombres que no amaban a las mujeres (aínda que parece ser que tiña en mente escribir 10 entregas da saga). Larsson, un loitador comprometido contra todo tipo de violencia, comezou a escribir novelas policíacas, polas noites e case en segredo, no ano 2001 movido polo desexo de denunciar o abuso, a violencia e o maltrato ás mulleres.

A saga policíaca Millennium protagonízana Lisbeth Salander e Mikael Blomkvist. Salander (a gran baza do libro, que xurdiu, en palabras do autor, porque quería imaxinar como se desenvolvería na sociedade actual Pippi Calzaslargas), é unha peculiar investigadora privada e hacker de veintitantos anos, metro e medio de estatura e 42 quilos de peso, huraña, salvaxe e inadaptada á que os psiquiatras que a trataron dende pequena cualifican de sociópata con trazos psicopáticos. Na súa curta vida hai motivos sobrados para que non teña ningunha confianza na lei nin no poder, polo que aplica os seus propios métodos con grande intelixencia para conseguir os seus obxectivos sen ningún remordemento sobre a base do seu propio sentido da xustiza. Blomkvist (un trasunto do autor), corentón, idealista, divorciado, pai desastroso e incurable mullereiro é un xornalista de investigación tenaz e inconformista á fronte dunha revista de denuncia, Millennium, que pasa por un mal momento tras ser condenado por difamación e calumnía. O azar une estes dous personaxes que se entregan a indagar a desaparición en circunstancias nunca esclarecidas dunha moza de rica familia, acontecida 30 anos atrás. Salander e Blomkvist mergúllanse nas súas pescudas no lado escuro da correcta e modélica sociedade sueca onde van encontrar corrupción, violencia sexual, prostitución de menores, etc. Larsson utiliza a intriga para realizar unha feroz crítica social cunha clara intención moral, que parece ser o tema fundamental do libro, aos abusos de poder de calquera tipo. Unha historia chea de mentiras encubertas, reflexións morais e violencia desmedida por parte daqueles que non aman as mulleres escrita cunha prosa parca, eficaz e solvente.

Recentemente, unha páxina web francesa moi influente (www.evene.fr) cualificou a Larsson de figura lendaria, cuxo extraordinario xenio literario creou unha das obras literarias máis importantes do século XXI… As tres novelas constitúen un auténtico fresco da sociedade moderna que non pode compararse ao que ningún escritor de novela criminal fixo nunca antes.

Ben, é a quenda de descubrir por nós mesmos que contén este libro e se estamos de acordo ou non en todo o que se leva dito sobre el.

Por certo, esta semana estréase a película baseada na novela. Que casualidade! Eu esperarei a ler a novela para ir a vela.

PRAZOS

 Ao longo desta semana que comeza leremos a primeira parte: Incitación (ata a páxina 152).

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Los hombre que no amaban...21-05-2009

Custoume pero finalmente conseguín o libro máis lido dos últimos tempos. Nos nosos clubes de lectura está solicitadísimo pero con paciencia e, á cola, logrei reunir o número suficiente de exemplares para que poidamos descubrir por nós mesmos e con calma (son 665 páxinas) que é o que contén este éxito de vendas e lectores.

O libro xa está nas bibliotecas correspondentes preparado para que o poidades recoller a partir de agora mesmo.

Non vos esquezades de devolver o voso exemplar de Ojos azules de Toni Morrison, e se, algún atrasado ten aínda na casa o seu exemplar de Viajes con Heródoto devolvédeo tamén por favor. Graciñas.

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Xeral, Na Coruña19-05-2009

O Facho

A agrupación cultural O Facho comunica o fallo do concurso literario Carlos Casares na convocatoria 2009, segundo  acordo do xurado formado por Xabier P. Docampo, José Mondelo, Mar Hermida e un membro do Facho:

Premios da Categoría A (Nenos e nenas de 9 a 12 anos)

  • Primeiro premio: “Cada ollada unha historia”  de Iria Esperón Abril , alumna de 5ºcurso do CEIP Baño De Xanza, Valga (Pontevedra)
  • Segundo premio: “Unha boneca moi especial”  de  Katia Pérez Pereira, alumna de 1º ESO do CPI de Zas (A Coruña)
  • Accesit: “O soño de voltar” de Matias Nuñez Gil, alumno do CEIP Curros Enríquez de Celanova (Ourense)
  • Accesit: “A princesa Cisne”  de Ada Freire Vázquez, alumna do CEP Álvarez-Limeses de Pontevedra

2º.- Premios da categoría B. (Rapaces e rapazas de 13 a 16 anos)
  • Primeiro premio: “Atlántico” de  Beatriz Rodríguez Fernández, alumna do IES  Blanco Amor de Ourense
  • Segundo premio:  “Historia dun chicle”  de  Helena Salgueiro Golán, alumna do IES  Antonio Fraguas de Santiago de Compostela
  • Accesit: “Renacer da eternidade” de  María Laura Carrillo Neira, alumna do IES Manuel García Barros da Estrada (Pontevedra)
  • Accesit:“Recordas? O cuco labicha” de Iván Prado Rodríguez, alumno do IES Cidade de Antioquía de Xinzo da Limia (Ourense)
Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Ojos azules16-05-2009

É hora de sacar conclusións. Rematastes xa o libro? Que valoración final podedes facer sobre el?
Vexo que á maioría vos gustou, poderiades explicar por que ou por que non aos que non vos gustase? Que vos pareceu a historia? E a súa estrutura? A que credes que obedece a división da obra en dous tipos de capítulos: os nomeados coas estacións do ano e os titulados coas frases entresacadas da "familia feliz" (e branca)? E o xeito de narrala, as distintas voces que utiliza a autora, a súa escritura tan poética?
Que opinades sobre o que di cara ao final acerca de que os únicos que amaron a Pecola foron Línea Maginot e Cholly? Credes que é certo? E se o é, como puido facer o que fixo á súa filla?

Paréceme moi logrado e moi representativo o capítulo no que describe como as amigas da tía de Cholly a coidan, a solidariedade entre estas mulleres xa maiores; como as define (sublime), o talle moral que alcanzan unhas mulleres que sufriron e soportaron o peso de todas a súa familia, a súa dor e o seu sufrimento; como describe a súa evolución na vida ata chegar a estas fermosas palabras finais: estaban más allá de las lágrimas, más allá del terror. Ahora podían recorrer los caminos del Mississippi, las sendas de Georgia, los campos de Alabama, sin que les molestara nadie. Eran los bastante viejas para encolerizarse donde y cuando quisieran, estaban lo bastante fatigadas para esperar sin angustia la muerte, lo bastante desvinculadas de la carne para aceptar la noción de dolor a la vez que ignoraban su presencia. Eran, de hecho, y al fin, libres (páx.174).

Así mesmo, transcribo o fragmento sobre a relación que establece entre a vida de Cholly e a música (algo tan importante na escritura de Morrison): los fragmentos de la vida de Cholly sólo tendrían coherencia en la mente de un músico… sólo ellos conocerían la manera de conectar el corazón rojo de una sandía con la bolsa de asafétida y con las uvas verdes, con la luz de una linterna en su trasero y los puñados de billetes y la limonada en un bote de vidrio y un hombre llamado Blue, para dar una idea de lo que todo aquello significaba en cuanto a alegría y dolor, en cuanto a amor, en cuanto a ira, y a darle como culminación el ansia penetrante de libertad. Sólo un músico percibiría, comprendería, sin ni siquiera percatarse de ello, que Cholly era libre. Peligrosamente libre. Libre de experimentar cualesqueira de las sensaciones que le acometían: miedo, culpa, vergüenza, amor, pesadumbre, lástima (páx.199).

O final do libro é demoledor: es demasiado, demasiado, demasiado tarde.

Quero deixar unha última reflexión e é que a min me parece que a escritura de Morrison vai moito máis alá do seu desexo de escribir sobre os afroamericanos dun xeito inequivocamente negro. Creo que non necesita ningunha etiqueta fóra da escritura mesma. Sinxelamente, é unha escritora. Unha grande escritora adulta e chea de verdade.

Agora cédovos a palabra para que cos vosos comentarios pechedes esta fermosa e triste historia.

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Escritores, Na Coruña

O escritor Bernardo Atxaga presenta o seu último libro Sete casas en Francia o martes 19 de maio ás 19.30 na Fnac da Coruña. A editorial Faktoría K edita en galego esta novela simultaneamente á edición en castelán, o que supón un acontecemento literario na nosa língua. Atxaga debatirá co seu tradutor Ramón Nicolás e asinará exemplares ao seu público. 

Sete casas en Francia supón un importante xiro no seu estilo literario, adoptando por primeira vez un ton cómico e grotesco para abordar a época colonial do Congo Belga.

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Xeral, Na Coruña15-05-2009

Co obxectivo de recuperar os premios literarios que dende os 60 convocou a Agrupaçon Cultural O Facho, este ano convocouse a XLII edición do certame que leva o nome de Carlos Casares como unha agarimosa homenaxe ao que fora o primeiro gañador, no ano 68, co conto “A galiña azul”.

O concurso está dividido en dúas categorías,  A (para alumnos de 6 a 12 anos) e  B (de 12 a 16), e este ano o xurado está formado por Xabier P. Docampo, José Mondelo, Mar Hermida e Soledad González Maside.

O xoves, día 14, ás 12:30, e dentro das actividades programadas pola Agrupación co gallo do Día das Letras Galegas, tivo lugar unha ofrenda floral diante do monumento a Curros Enríquez na que o presidente de O Facho, José Luis Rodríguez Pardo deu a coñecer os gañadores do concurso.

A entrega de premios terá lugar na Fundación Caixa Galicia, no Cantón Grande,  o próximo 20 de maio, ás 20:00.

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Noticias, Poesía12-05-2009

EL SITIO DE MI RECREO

Donde nos llevó la imaginación
donde con los ojos cerrados
se divisan infinitos campos

Donde se creó la primera luz
germinó la semilla del cielo azul
volveré a ese lugar donde nací

De sol, espiga y deseo
son sus manos en mi pelo
De nieve, huracán y abismos
el sitio de mi recreo

Viento que en su murmullo parece hablar
mueve el mundo y con gracia le ves bailar
y con él el escenario de mi hogar.

Mar bandeja de plata, mar infernal
es un temperamento natural
poco o nada cuesta ser uno más.

De sol, espiga y deseo
son sus manos en mi pelo
De nieve huracán y abismos
el sitio de mi recreo,

Silencio, brisa y cordura
dan aliento a mi locura
Hay nieve, hay fuego, hay deseos
allí donde me recreo

LUCHA DE GIGANTES

Lucha de gigantes convierte
El aire en gas natural
Un duelo salvaje advierte
Lo cerca que ando de entrar
En un mundo descomunal
Siento mi fragilidad
Vaya pesadilla corriendo
Con una bestia detrás
Dime que es mentira todo
Un sueño tonto y no más
Me da miedo la enormidad
Donde nadie oye mi voz
Deja de engañar
No quieras ocultar
Que has pasado sin tropezar
Monstruo de papel
No sé contra quien voy
O es que acaso hay alguien mas aquí
Creo en los fantasmas terribles
De algún extraño lugar
Y en mis tonterías para
Hacer tu risa estallar
No quieras ocultar
Que has pasado sin tropezar
Monstruo de papel
No se contra quien voy
O es que acaso hay alguien mas aquí
Deja que pasemos sin miedo.

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Actividades06-05-2009

Mensaxe para todos os membros do ciberclub: A quedada será definitivamente o mércores 13 de maio ás 7 da tarde na Biblioteca Municipal de Castrillón sita na praza Pablo Iglesias (teléfono: 981 184 390). Para os que non poidades estar a esa hora, non hai problema en que aparezades máis tarde na mesma biblioteca onde estaremos visitando con tranquilidade as súas instalacións (a biblioteca non pecha ata as 21h.). De aí iremos a tomar algo (ao redor das oito) e deixaremos recado de onde estaremos para os máis demorados.

Vaivos ben a todos a data? Espero que si. Compraceríanos moito que puidésedes vir todos.
Animádevos! Será unha boa ocasión para coñecernos e charlar distendidamente.
Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Escritores, Na Coruña

O 8 de maio ás 20 horas a escritora mexicana Elena Poniatowska dará unha conferencia sobre A literatura que vén da rúa. O acto que está organizado polo Concello da Coruña e a Asociación de Escritores en Lingua Galega, terá lugar na Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11).

Elena Poniatowska (París, 1933) é xornalista e narradora cunha ampla obra publicada na que se inclúen novelas, ensaios, contos e libros de entrevistas. Posúe numerosos premios entre os que destacan o Premio Nacional de Periodismo (1978) e o Premio  Alfaguara de Novela 2001 por La piel del cielo.

Muller comprometida politicamente é unha escritora combativa e crítica que escribe sobre os que non teñen voz. A súa literatura ten orixe na rúa, onde busca con avidez seres anónimos que conteñen historias e lamentos:

En realidad mis voces, mi inspiración, son las voces de la calle, la vida diaria, lo que nos pasa todas las mañanas, todas las tardes y las noches. Yo creo que todos tenemos un fondo de tristeza de lo que no logramos. En el fondo del alma y del espíritu tenemos un lugar donde los pensamientos duelen mucho, donde hay tristezas que no decimos a nadie, pensamientos de fracaso que tampoco comunicamos (La piel del cielo).

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Ojos azules04-05-2009

O xogo de palabras contido no título orixinal do libro (The Bluest Eyes) xa dános pistas (blue significa azul pero tamén triste) acerca do que imos ler: unha historia triste, moi triste, terrible. Aínda que eu o primeiro que quero dicirvos é que había tempo que non encontraba tanta verdade nun libro. Tanta verdade e tanta valentía. Un desexo de afondar sen medo no verdadeiro. Mirar algo e velo tal cal é, máis alá de que sexa fermoso ou terrible e contalo sen perdón nin desculpas. Escudriñar a alma humana sen esconder as súas miserias pero sen renunciar á beleza. Unha escritura adulta e terriblemente sincera na que non se obvia nada respecto á profundidade e á complexidade do ser humano ao que analiza cunha grande agudeza psicolóxica.

Con que mestría narra a terrible pero real pelexa dos pais de Pecola! Os intentos desesperados da nai para encontrar un sentido á súa vida na barbarie do erróneo. A necesidade e degradación mutua que une estes dous seres. E os efectos que isto produce en Pecola, que, aterrorizada e contendo o vómito, o único que desexa é desaparecer, rezando con fervor, noite tras noite, para que os seus ollos, a única parte do seu corpo que non logra que desapareza, se poidan converter nuns fermosos ollos azuis de nena branca para así, quizais, conseguir que os seus pais deixen de facerse dano. E de que xeito se aferra ás cousas reais e máis vulgares (os dentes de león na base do poste telefónico, a greta da beirarrúa coa que sempre tropeza) para sentir que é alguén no medio do mundo; ao igual que, a través da súa relación coas prostitutas, as "tres gárgolas xocosas", as "tres alegres bruxas" (que lograda descrición do mundo e a esencia destas mulleres!), que son as únicas que a tratan ben, Pecola consegue facerse visible (todo o contrario do que acontece no seu encontro co terrible tendeiro das Mary Jane que nin a ve porque non é nada para el) e encontrar un lugar amable onde descansar da súa triste vida de nena negra, fea e pobre.

Así mesmo, a autora móstranos, a través da humillación á que outros nenos negros someten a Pecola, o autodesprezo racial alimentado ao longo de xeracións que existe no máis profundo das mentes dos afroamericanos, mentres que Claudia, antítese do personaxe de Pecola, posúe orgullo de raza e actúa como contrapunto a esta perda de identidade: Su pena despertaba en mí un sentimiento casi de hostilidad. Quería abrirla, quebrar sus bordes, meterle una estaca a lo largo de aquel espinazo que se curvaba en una estúpida joroba, forzarla a enderezarse y escupir a la calle sus miserias. Pero ella las retenía allí donde sólo pudieran desbordar por sus ojos (páx.94).

A través dos recordos de Claudia, Toni Morrison recrea con total verosimilitude o mundo da infancia. Como un adulto de case corenta anos (a idade na que a autora escribiu o libro) se pode colocar tan atinadamente nese lugar?

A súa linguaxe é elocuente, está vivo, é poesía pura, orixinal e rico no seu vocabulario. Respecto ao seu xeito de escribir a autora di: sempre intentei que o lector esqueza que o que ten entre as mans é un libro. Ambicionei certa intimidade, que a lingua o inclúa no relato, tíreo cara a dentro. Gústame imaxinar a posibilidade de que non haxa distancias entre o acto de ler e a revelación da escritura

Estou marabillosamente sorprendida. Non lera nada desta autora e agora apetéceme lelo todo. Toni Morrison consegue que a historia sexa fermosa, sólida e intelixente, a pesar do terrible que nos narra, polo maxistralmente que está contada e pola verdade que conteñen as súas palabras.
Como ela di nunha entrevista a ficción ensínanos a entender mellor a vida. Pois iso.

Cuestión de prazos

Ao longo desta semana continuaremos a nosa lectura dende o capítulo Primavera (páx.121) ata o final da novela.