23 de abril, Día Internacional do Libro 2009

Como celebración do Día do Libro 2009 as Bibliotecas Municipais da Coruña prepararon unha serie de actos aos que se convida a todos os cidadáns.

A BIBLIOTECA NAS ESTACIÓNS DE TREN E AUTOBUSES (23 de abril)

As bibliotecas municipais ofreceranlles información aos viaxeiros sobre as súas actividades e recursos. Trátase de levar a biblioteca a dous dos lugares máis frecuentados pola cidadanía. Espazos de paso pero tamén de encontro, bos lugares onde botarlle unha ollada a un libro no tempo de espera ou de elixilo co fin de lelo durante o traxecto. Para celebrar un día tan especial, as bibliotecas levarán libros ás estacións e poñeranos a disposición dos viaxeiros, que, sexan nenos ou adultos, poderán levalo e lelo no autobús ou no tren. Haberá para isto un posto con información e folletos das bibliotecas, marcapáxinas e un cartel conmemorativo.

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA AMÓSANOS O QUE LES: Ler na cidade (23 de abril)

A concelleira de Cultura do Concello da Coruña, Mª Xosé Bravo, fará entrega dos premios aos finalistas e participantes do Concurso de fotografía dixital "Amósanos o que les". O acto terá lugar o día 23 de abril ás 19.30 h nos Xardíns de Méndez Núñez, na caseta das Bibliotecas Municipais da Coruña. la Feria del libro de A Coruña (Jardines de Méndez Núñez)

CASETA OFICIAL DAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS na Feria do libro da Coruña (22 ao 26 de abril)

A nosas bibliotecas están presentes nesta Feria do libro donde como principal novidade existe un "Consultorio Literario" donde calquer persoa poderá recibir orientación sobre lecturas segundo seus gustos e inquedanzas.