Este club de lectura non ten nada: nin horarios, nin local, nin caras

Ciberclub

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Escritores, Ojos azules30-04-2009


A Premio Nobel de Literatura 1993 e a voz máis poderosa da literatura afroamericana na actualidade naceu o 18 de febreiro de 1931 en Lorain (Ohio). A súa infancia transcorreu durante os anos da Gran Depresión no seo dunha familia pobre e moi unida. Á idade de doce anos, mentres traballaba como pinche de cociña, comezou a ler Nabokov e Jane Austen. Non recordo nada da miña vida antes dos libros. Foi a miña irmá Lois quen me introduciu na lectura antes da escola primaria; na escola había só dúas persoas que sabían ler: a mestra e eu. Na súa casa os libros eran sagrados. O meu avó compracíase de ter lido a Biblia tres veces dende o principio ata o final. Ata a Emancipación, quenquera que ensinara aos negros o abecedario corría o risco de ir ao cárcere.
 
Estudou Humanidades nas universidades de Howard e Cornell. Posteriormente foi profesora nas universidades de Texas, Howard, Yale e, dende 1989, imparte clases na elitista universidade de Princeton. Tamén traballou como editora durante uns anos na editorial Random House de Nova York. Aceptei decidida a descubrir aos grandes talentos negros que ningún axente tomaba en consideración. Durante os seus anos en Howard empezou a escribir narrativa publicando en 1970 a súa primeira novela, Ojos azules, á que seguiron Sula (1973); La canción de Salomón (1977), a novela favorita do presidente Obama, que obtivo o Premio Nacional da Crítica e a converteu nunha autora de éxito; La isla de los caballeros (1981); Beloved (1987), Premio Pulitzer; Jazz (1992); Jugando en la oscuridad (1992); Paraíso (1999); Amor (2003) e Una bendición (2008).
 

Toni Morrison é a fundadora dunha literatura escrita dende e para os afroamericanos, sen concesións para brancos ou negros integrados. Defensora da literatura de minorías intentou dar voz ás persoas máis silenciadas da comunidade afroamericana, en especial ás mulleres e aos seres máis desvalidos. Cando empecei a escribir, só quería facelo sobre unha cousa: a devastación do racismo nos máis vulnerables, os máis desesperados na nosa sociedade. Nas súas novelas o poder do feminino está sempre presente, a fortaleza física e moral destas mulleres dobremente discriminadas que se negan a converterse en vítimas.
Así mesmo, fálanos nelas das circunstancias históricas da comunidade negra en Estados Unidos, do seu pasado de escravitude que significou a súa degradación como seres humanos e os converteu en seres invisibles para a poboación branca, e da súa loita, ao longo dos séculos, polos seus dereitos civís e a súa memoria.
Outra das características da súa literatura é o equilibrio entre realismo e maxia. Nas súas obras os seus personaxes transcenden a realidade inmediata cara ao mundo máxico e sobrenatural dos mitos e as crenzas da comunidade afroamericana, pero, á vez, permanecen solidamente arraigados na terra.

A música está moi presente na obra de Toni Morrison. Como ela mesma sostén, para unha poboación a quen se lle negara a alfabetización, a música pasou a ser a súa forma de expresión e comunicación.
A súa prosa, herdeira da tradición oral africana, mestura o coloquial e o culto para conseguir unha lingua elocuente e viva. É unha prosa poética e exquisita na que o ritmo da súa escritura xamais é lineal e constante.

E para rematar déixovos cunhas reflexións da escritora sobre o que supón o acto de escribir para ela: Na literatura mando eu. Eu creo, decido, e iso é parte constante da busca. Pero tamén quero compartir unha linguaxe, crear esa intimidade, esa proximidade que sento cos libros que leo e admiro. É unha busca dunha vocación e da total liberdade para un mesmo, un lugar no que un di que facer e onde un mesmo pon as regras. Busco a liberdade absoluta na creación.
Podo ir aínda máis alá como escritora. Seino e vouno intentar. Necesito seguir escribindo, e explorar outras direccións. Se non escribise volveríame tola; o mundo resultaríame demasiado caótico.

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Actividades23-04-2009

 

Membros do club!, Por qué non quedamos?  Utilizando como excusa coñecer la Biblioteca Municipal Castrillón (reformada hai pouco e modernísima) podemonos coñecer, sentarnos e tomar algo mentras falamos de literatura, blogs ou non. O problema é atopar unha data que nos veña ben a todos. 

Imos pois a votar tecnolóxicamente. Elexir, das datas propostas aquela que mellor os veña. A hora será pola tarde sobre as 5 e media o seis. ¿Non vos apetece?

 

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Ojos azules

Aunque nadie diga nada, en el otoño de 1941 no hubo caléndulas. Creímos entonces que si las caléndulas no habían crecido era debido a que Pecola iba a tener el bebé de su padre.

Así de poético, duro e directo é o inicio desta novela que Toni Morrison escribiu á idade de 39 anos, unha idade "supostamente" tardía para un debut literario (pero quen establece cando é tarde para escribir un primeiro libro?).
Pecola soña con ter os ollos azuis como os bonecos, as actrices de Hollywood e Shirley Temple; desexa morrer cada vez que os seus pais se pegan salvaxemente e desaparecer cando se deitan xuntos no único cuarto da casa. Pecola será maltratada polos seus compañeiros, pola vida e polo seu propio pai. Ademais de negra e pobre, é terriblemente fea, como toda a familia.
O libro está dividido en capítulos titulados como as estacións do ano nos que a prima de Pecola, Claudia, nos vai contando a historia. Estes capítulos subdivídense á súa vez noutros nos que a autora recupera a voz narrativa e fálanos dos diferentes personaxes e as súas vidas. No epílogo que pecha o libro (escrito en 1993) a autora cóntanos que o xerme desta historia foi unha vivencia que tivo no colexio cando unha compañeira lle dixo que quería ter os ollos azuis e Toni Morrison reaccionou con rexeitamento cara a esta nena que renegaba da súa condición.

A novela fálanos do concepto de beleza imposto dende uns canons externos e alleos, da infancia rota, da problemática da poboación negra, especialmente a feminina, e da súa perda de identidade e sensación de non pertenza que os conduce a un autodesprezo racial. Fálanos da dor, do sufrimento dos máis fráxiles, pero tamén da vida e a perseveranza.

As novelas de Toni Morrison óense ben. Di que quere escribir como canta Ella Fitzgerald ou Nina Simone. Busca reproducir nos ritmos e cadencias da súa prosa, a musicalidade do fala dos afroamericanos xa que quere achar unha forma de escribir inequivocamente negra baseada na súa tradición oral.

Ojos azules non provocou grande entusiasmo entre a crítica e a autora tivo que esperar á súa terceira novela para obter o recoñecemento e o éxito de público que a consagrou como unha das autoras contemporáneas máis importantes de Estados Unidos.

PRAZOS

Ao longo do que queda desta semana e ata finais da que vén leremos ata a páxina 117 (xusto antes do inicio do capítulo Primavera).

Que gocedes coa lectura!

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Actividades, Na Coruña22-04-2009

23 de abril, Día Internacional do Libro 2009

Como celebración do Día do Libro 2009 as Bibliotecas Municipais da Coruña prepararon unha serie de actos aos que se convida a todos os cidadáns.

A BIBLIOTECA NAS ESTACIÓNS DE TREN E AUTOBUSES (23 de abril)

As bibliotecas municipais ofreceranlles información aos viaxeiros sobre as súas actividades e recursos. Trátase de levar a biblioteca a dous dos lugares máis frecuentados pola cidadanía. Espazos de paso pero tamén de encontro, bos lugares onde botarlle unha ollada a un libro no tempo de espera ou de elixilo co fin de lelo durante o traxecto. Para celebrar un día tan especial, as bibliotecas levarán libros ás estacións e poñeranos a disposición dos viaxeiros, que, sexan nenos ou adultos, poderán levalo e lelo no autobús ou no tren. Haberá para isto un posto con información e folletos das bibliotecas, marcapáxinas e un cartel conmemorativo.

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA AMÓSANOS O QUE LES: Ler na cidade (23 de abril)

A concelleira de Cultura do Concello da Coruña, Mª Xosé Bravo, fará entrega dos premios aos finalistas e participantes do Concurso de fotografía dixital "Amósanos o que les". O acto terá lugar o día 23 de abril ás 19.30 h nos Xardíns de Méndez Núñez, na caseta das Bibliotecas Municipais da Coruña. la Feria del libro de A Coruña (Jardines de Méndez Núñez)

CASETA OFICIAL DAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS na Feria do libro da Coruña (22 ao 26 de abril)

A nosas bibliotecas están presentes nesta Feria do libro donde como principal novidade existe un "Consultorio Literario" donde calquer persoa poderá recibir orientación sobre lecturas segundo seus gustos e inquedanzas.

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Xeral, Ojos azules19-04-2009

Esta vez tócalle a quenda a unha escritora estadounidense, a primeira muller, e única por agora, de raza negra en recibir o Premio Nobel de Literatura en 1993.

 
Ojos azules foi o seu primeiro libro, escrito en 1970, e narra a historia dunha nena negra que quere ter os ollos da cor dos bonecos das nenas brancas.
 
A partir de mañá luns xa podedes recoller o libro nas Bibliotecas de Sagrada Familia e Forum, e a partir do mércores 22 estará nas de Monte Alto e Castrillón.
Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Xeral, Noticias16-04-2009


Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Viajes con Heródoto15-04-2009

Comezo preguntándovos a vós o que se pregunta así mesmo Kapuściński: Que é o que incita o home a percorrer o mundo? Curiosidade? Anhelo de aventura? Necesidade de ir de asombro en asombro?

E comezo así porque este libro é unha sucesión de preguntas, a primeira das cales lla fai Heródoto sendo neno: de onde veñen os barcos? E para intentar encontrar unha resposta lánzase á viaxe, ao perpetuo movemento, ao camiño, como fará 2.500 anos despois Kapuściński. E que hai detrás de tantas preguntas? O desexo de comprender que é o que move aos seres humanos a facer o que fan, e para iso o autor se sitúa cos ollos ben abertos ante o mundo que está a comezar a descubrir, tanto o actual, coas súas viaxes, coma o da antigüidade a través da lectura de Heródoto. Nas pasaxes que dedica ás viaxes do grego é onde se multiplican estes interrogantes que, en moitas ocasións, conteñen un gran sentido do humor e unha fina ironía. Parece que a medida que avanza o libro a Kapuściński lle interesan máis estes que os seus propios. Así, afirma que ler a Heródoto converteuse nun hábito que lle inflúe dun xeito estraño pois a través da súa lectura deixa de percibir a existencia da barreira do tempo e comeza a sentir, con asombro e inquietude ,como se produce no seu interior unha identificación emocional e intelectual con aquel mundo que, nalgúns momentos lle parece máis real que o seu. E máis fascinante. O desexo inicial de traspasar a fronteira espacial convértese a medida que avanza nas súas viaxes nun desexo aínda maior de traspasar a fronteira do tempo e así, o tempo de Kapuściński e o de Heródoto se fonden nun só e Kapuściński sente unha identificación absoluta con Heródoto, sentíndoo unha alma irmá.

Eu creo que Kapuściński aprende de Heródoto a exercer a súa profesión de reporteiro imitándoo no seu xeito de ver o mundo, de pensar, na súa curiosidade insaciable, no seu desexo de estar alí onde pase algo e vivilo a calquera prezo cunha actitude receptiva cara aos demais coa que consegue que estes lle desvelen todo o que saben. E, quizais, a maior lección que Heródoto lle ensina é que "non cabe entre os homes dor igual á que senten os que pensan ben sen poder facer nada para impedir o mal". Porque, Deus meu, que galería de crueldades as que nos narra o grego, ata onde pode chegar o ser humano na súa maldade, aínda que Kapuściński precisa que non é o home o culpable senón o sistema. Crueldades que, por outra parte, non deixaron de sucederse ao longo dos 2.500 anos que nos separan da súa época. Isto faime recordar algo que o escritor Álvaro Mutis di: eu só leo historia e a historia ensínanos que o mundo non cambia. E Kapuściński incide na mesma idea: a historia non é senón unha ininterrompida cadea de presentes.

Os dous últimos capítulos son un elocuente resumo do que Heródoto lle ensinou a Kapuściński. Unha lección de vida e de como enfrontarse ao mundo cuxo ensino final é que hai moitos mundos e que cada un é único. Que todas as culturas deben ser aceptadas e comprendidas e que, para comprendelas, antes hai que coñecelas. E que o obxectivo final que perseguimos ao comprendelas é comprendernos mellor a nós mesmos, pois só confrontándonos cos outros poderemos definir a nosa propia identidade.

E este libro contén, así mesmo, profundas reflexións, entre outras, sobre como a beleza e a riqueza do mundo se sustenta no sufrimento (pags.173, 174, 277); sobre a violencia e o desexo de vinganza ante a dor inflixida ao longo de séculos (pags.187-188); sobre a riqueza e a verdade da linguaxe extraverbal (pags.209) ou sobre a estrañeza do europeo cando descobre que fora de Europa existen outros mundos que levan unha vida propia (pags.241-242).

Pero no que é un mestre Kapuściński é en contar anécdotas que revelan a realidade con máis contundencia que centos de referencias eruditas.

E para pechar a lectura deste libro anímovos a deixar vosos últimos comentarios e reflexións, sexan estes os que sexan.

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Poesía13-04-2009

De la simple existencia

La palmera al extremo de la mente
Se eleva más allá del pensamiento,
En la extensión de bronce.

Un pájaro de plumas doradas
Canta allí una canción extranjera,
No destinada al hombre, sin sentimiento humano.

Entonces tú comprendes que no es ésa
La razón que  nos hace felices o infelices.
Canta el pájaro. Sus plumas resplandecen.

La palmera está al borde del espacio.
En las ramas se mueve el viento lentamente.
El plumaje del pájaro pende llameante.

Wallace Stevens (Estados Unidos, 1879-1955)

Viajar es útil, hace trabajar la imaginación
El resto no es más que decepción y fatiga.
Nuestro viaje es eternamente imaginario. De ahí su fuerza.

Va de la vida a la muerte.
Hombres, animales, ciudades y cosas, todo es imaginación
Ocurre al otro lado de la vida.

Louis-Ferdinand Céline
(Francia, 1894-1961)

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Noticias01-04-2009

 

libros, almacenes

A imaxe corresponde aos almacéns Bookbarn en Bristol. Este almacén, que funcionaba como un dos principais suministradores de libros de segunda man para Amazón foi abandonado tras finaliza-lo periodo del contrato de aluguer. El propietario,Ashley Nicholson, solicitou a Bookbarn que limpase a propiedade pero ante a demora en facelo tomou a decisión de abrilas portas e ofrecer os libros a todo aquél que quisese rebuscar e escoller. A idea foi todo un éxito como podemos ver.