Amósanos o que les 2009: Ler na cidade

As Bibliotecas Municipais da Coruña convocan a terceira edición do seu concurso de fotografía dixital "Amósanos o que les" co lema Ler na cidade.
Este ano 2009 as fotografías que solicitan deben reflectir manifestacións de lectura, espazos lectores tradicionais ou novidosos e distintas formas de lectura nunha cidade actual. Gustaríanos coñecer gráfica e artísticamente onde, quen e, sobre todo, como se le nun contorno urbano: traballo, autobús, comendo, esperando unha cita e un longo etcétera.[Ver bases]
Prepara xa a túa fotografía, envíaa dende esta web a partir do 17 de marzo e ata o 16 de abril. Poderás gañar unha cámara reflex dixital ou un reprodutor mp4.
As fotografías poden ser espontáneas ou preparadas, de estudo ou exteriores, cor ou branco e negro; o importante é a orixinalidade e a imaxinación do fotográfo e da escena representada.





