Camiño á Revolución dos Cravos
Non sei se é o Entroido ou que non vos está a espertar demasiado interese a lectura de Resistencia xa que, agás Pitty, Rojo, Seredka, Carmen e un par de espontáneos lectores, o resto non deixastes ningún comentario.
¿Como vai esa lectura? Tócanos xa pasar á terceira e última parte do libro. Os avatares dos nosos personaxes continúan, agora xa, inmersos de cheo nas loitas políticas que protagonizaron os anos sesenta en Portugal. E, como se intuía na primeira parte, entraron dolorosamente nas súas vidas para modificalas dunha forma tráxica. As cousas estanse a poñer moi mal para todos. Hai moito sufrimento non só debido á represión da ditadura senón a que o pasado volve para saldar contas e impedir aos personaxes vivir eses amores tan difíciles. No medio de tanto dor encamiñámonos cara á Revolución dos Cravos que porá fin en abril de 1974 á ditadura Militar de Oliveira Salazar y Marcelo Caetano.
¿Que lles espera aos nosos protagonistas Dinís e Filipa co triunfo desta? ¿Volverán xuntarse para poder, por fin, vivir o seu amor sen esconderse? Os demais personaxes xa viron como as súas vidas romperon e unicamente son os mozos os que poden ter un futuro nun Portugal xa libre, pero aínda están en 1969, quédanlles cinco anos de sufrimento, sobre todo a Dinís que sofre condena no cárcere de Peniche.
Reitérovos as mesmas preguntas que vos facía na primeira parte do libro ás que engado algunha máis:
. ¿Como vedes a evolución destes personaxes nesta segunda parte en que as súas vidas se mesturan dun xeito absoluto coa situación política de Portugal?
. ¿Credes que adquiren unha maior profundidade e sentido a medida que a historia avanza?
. ¿Xoga o destino (ou o azar) un papel importante nas súas vidas ou son unicamente os acontecementos políticos e a situación social os que as determinan?
. ¿Espertouvos a lectura a curiosidade polo noso país veciño e a súa historia recente?
Prazos
Como non sei se estades demorados na lectura e, para que teñades tempo abondo para avanzar nela, poremos de prazo para rematar o libro o próximo mércores 4 de marzo.
Espero que os "desaparecidos" nos deixen saber a súa opinión sobre o libro nesta recta final. Botámosvos de menos, máis aínda cando o noso anterior libro provocou tantos e tan variados comentarios…






Chicos, chicas, no sé nada de vosotros hace tiempo, ¿estáis leyendo el libro? ¿nada qué comentar acerca de él?
Comment por Coordinadora Clube — 01-03-2009 @ 16:26
ola coordinadora, e tod@s por suposto.
Aproveitei o día eleitoral para rematar o libro, por certo que o día me deu para 2 libros, nunca pensei que un xornada puidese ser tan longa, en fin. Non direi nada en concreto pq como data de fin é mañá, non quero estragar ningunha sorpresa, asi que me limitarei a responder algunhas das túas preguntas xenéricas, e o certo é que hai algo na historia que non me acaba de convencer, dá a impresión de que deixa que todo fluia ca marea de acontecementos, os persoaxes non toman case ningunha decisión por sí mesmos, ata a decisión do Rui de fuxir lle ven imposta polos acontecementos externos cando en realidade a súa situación persoal é o que pedía a berros,Dinís, pese á súa militancia non é o afouto que se supón e máis ben se bota atrás en todo, comos se agardase que o destino estivese alí para sacalo das situacións complicadas, como á fin ocorre, todo me parece un leissez faire. Estilisticamente non está nada mal, sobre todo as descricións, anque opino que se perde nos diálogos, alomenos eu desexaria ver máis forza nestes, que fosen máis decisivos para o desenlace e ter menos o punto de vista do narrador-autor. A miña humilde opinión, nda máis. Espero poder entrar de novo mañá cando todos rematen, pero nunha sentencia definitiva, non é o mellor de Rosa Aneiros e por suposto tampouco da literatura galega actual. Un saudiño a tod@s
Comment por pitty ritty — 03-03-2009 @ 18:23
Hola a todos!hace un año que no participo en el Club porque una enfermedad larga y complicada no me lo permitió.. realmente una de las peores cosas fue no poder leer...y ahora que estoy retomando poco a poco mi vida anterior pretendo volver a compartir las lecturas y los comentarios con vosotros, así que espero el próximo libro con ansiedad.
saludos a todos
Comment por lorien — 04-03-2009 @ 13:06
ola Lorien, eu tampouco levo moito no clube, uns 3 de meses creo recordar, pero entendo que sentiras o non poder ler, porque é unha actividade apaixoante por completo, de todos xeitos aledome de que xa estés de volta, benvid@!! un saúdo
Comment por pitty ritty — 04-03-2009 @ 17:55
Antonio me envió un mail y me pide que incluya este comentario:
Recogí el libro, pero estuve de viaje y no lo llevé.Voy muy retrasado con la lectura por dos motivos ; uno porque empezé más tarde y segundo porque soy de Madrid y me cuesta mucho leer en gallego.Pero, pongo mucho empeño con el diccionario a mano.Ya voy por el capitulo 21 (Filipa y su padre se van a Brasil).Perdon, por no dar "señales de vida" antes.
De todas formas me aburre "un pelin" el tono tan dramatico que utiliza.Sin diálogos, se me hace un poco monótono.No obstante reconozco que escribe muy bien.
Comment por Coordinadora Clube — 04-03-2009 @ 20:18
¡Bienvenida lorien! Como llevo menos de un año coordinando el club no tenía el placer de conocerte. Me alegro que estés ya recuperada y tengas tantas ganas de volver a participar. Hace poco hicimos una "limpia" en las listas y te borramos ya que pedimos a todos los miembros inscritos que nos comunicasen su intención real de continuar en el club. Como no recibimos tu respuesta entendimos que no deseabas seguir,así que ahora te pediría que volvieras a rellenar la ficha de inscripción ya que al hacerlo pasas a formar parte automáticamente de nuestra lista, y podemos tener tus datos y reservarte tu ejemplar. Podrás participar en nuestra próxima lectura sin problemas, pero envía la ficha cuanto antes... gracias y un cordial saludo.
Comment por Coordinadora Clube — 04-03-2009 @ 20:36
Antonio, ¿qué problemas tienes para incluir tus comentarios? Nos gustaría saberlo para poder ayudarte a solucionarlos.
Comment por Coordinadora Clube — 04-03-2009 @ 20:38
Pitty, como actualmente es a membro máis activa do club e unha voraz lectora, atrévome a preguntarche se adoitas ler poesía, e se liches os poemas que incluín de Blanca Sarasua e que che pareceron.
Comment por Coordinadora Clube — 04-03-2009 @ 20:39
Buenos días. Mis motivos para no hablar antes han sido varios.El primero y más importante es que no he ni podido empezar el libro porque me ha sido imposible encontrar un momento para leer,en general,y este libro en particular,que ya se puede creer..............tampoco pata participar.....casi daría por perdido este libro. Que sea en gallego algo ha influido,pues no me es tan facil de leer,en estas circunstancias.....Puede ser que en breve tengais un miembro del club en Orense( o sea,yo).Disculpas a todos y a la coordinadora en particular por no haber dado señales de vida antes.Un saludo a tod@s.
Comment por Nando — 05-03-2009 @ 07:21
Ola a todos, aos novos, aos de sempre, aos que volven, aos que non dan señais...
Parece que o libro non causou moita expectación...no meu caso, a min gustoume, mais penso que vai perdendo intensidade segundo avanza, e iso que, tendo como título "Resistencia", agardaba que fose todo o contrario.
Despois de todos os vosos comentarios, sobre todo de vos, Pitty e coordinadora, teño que darvos a razón no de que os personaxes deixanse levar, agardan, mais que loitan polo que queren, como semella que insinúa o nome do libro. Ó final parece que se encadean xeración tras xeración de desgrazas, de, tal vez, medo ou cobardía...que impedía ir máis aló do Pinhal do Rei, escapar lonxe co home que se quere, empezar de novo; preguntar o que se temía ("Dona Leonor envelleceu co corazón anubrado pola covardía e pola escusa pusilánime da dúbida"); erros que non se deixaran de cometer, onde a única resistencia é agardar...unha carta, unha resposta, unha liberdade ("'Agárdame, Filipa, agárdame. Eu agardareite sempre' ficaba espetada en cada carta como una declaración irrevogable. Era a súa única manifestación posible de resistencia"; "a memoria é a nosa única resitencia contra as aldraxes que sufrimos")...
Pitty, xa que dis que ten libros mellores (e como xa dixen, o seu estilo de narrar,encantoume, apuntarei a Rosa Aneiros na miña lista (XXL)de pendentes:) Algún título en especial? E por suposto, despois das vosas alabanzas, picoume a curiosidade por Lobo Antunes...algunha recomendación en concreto?
Isto é o que me atrae deste clube, coñecer outra xente que ama os libros coma min e que me descubran novos puntos de vista e novos escritores, novos libros, novos mundos:)
e agora, boas noites a todos.
Comment por Seredka — 05-03-2009 @ 23:06
Bos días a tod@s, esta é a terceira vez qeu reformulo este post parece que o meu computador e eu non nos levamos de todo ben. Antes que nada quería contestarlle á coordinadora que me preguntou pola poesía que colocou no Enlace "un pouco de boa poesia". POis si, o certo é que leo e me gusta a poesia ainda que recoñezo que con menos frecuencia ca novela ou teatro, e se nestes dous xeneros me gustan as novas técnicas, os estilos innovadores, confeso qeu na poesiateño un gusto bastante clásico, entre os meus favoritos están Whitman, rubén Darío, Paul Valèry, e por suposto os galegos Manuel Antonio, Ferreiro, Cabanillas. De entre as colgadas aqui gustoume especialmente Ballestas contra el miedo, con esa reflexion sobre a nostalxia, os recordos e o esquecemento,conxugados ca cotidianiedade que crean cando se unen entre sí.
Un saúdo a todos!!!!!!!!!!!
Comment por pitty ritty — 06-03-2009 @ 10:24
Ola Seredka, mira, a min gustoume moito Veu a visitarme o mar, de Rosa Aneiros, e de Lobo Antunes recomendoche Esplendor de Portugal, a forma de narrar é totalmente distinta a esta de Rosa Aneiros, moi innovadora, pero é unha obra impresionante, se non o coñeces, empeza por aí, e xa me contarás.
Un saúdo
Comment por pitty ritty — 06-03-2009 @ 20:38
Mis problemas para incluir los comentarios deduzco que son informaticos porque unas veces me entran y otras no.Aun haciendolo con el Word.
Seguiré, si el tiempo me lo permite,las recomendaciones sobre literatura portuguesa que, salvo Saramago, no he leido nada.Gracias.
Comment por Antonio — 07-03-2009 @ 15:02
Hola a todos, gracias por vuestros comentarios sobre la novela. A mí no me ha gustado mucho el libro. Al principio, en la presentación de los personajes, prometía más, pero luego he ido comprobando cómo estos se iban diluyendo en una historia que se limita a una sucesión de hechos sin más. Abarcar la historia de un país a lo largo de 70 años es una labor ardua y compleja. Aunque nos cuenta lo que les van pasando a los personajes y sus sentimientos, yo no consigo palparlos, no me llegan, no los veo de carne y hueso, los personajes me parecen planos e, incluso, tópicos. Esos amores sin fisuras y con tantos motivos para tenerlas se me quedan muy lejos de la realidad poliédrica de lo que creo yo que es el amor. El sufrimiento de Dinis en la guerra colonial y luego en la cárcel, realidades tan terribles y que darían para un verdadero análisis del "horror" (pienso en la maestría para plasmarlo de un Conrad y su corazón en las tinieblas, de un Lobo Antunes o del mismo Kapuscinski que lo vivió en primera persona) se me quedan en casi nada, me aburren incluso, no me conmueven ni me hacen quedarme parada en seco sin poder continuar ante la terrible realidad que deberían transmitir. Y el final feliz (que conste que no estoy en contra de los finales felices si son creíbles) tan cogido por los pelos, tan previsible. Me parecería más lógico y real que nunca se hubieran llegado a encontrar, incluso que se cruzaran y ni se vieran y cada uno siguiera su camino. Bueno, es simplemente una opinión.
Comment por Coordinadora Clube — 10-03-2009 @ 01:15
Antonio, ¿qué es lo que te pasa exactamente? ¿Escribes tu comentario y luego le das a enviar y no sale publicado? Es raro. No sé mucho de informática pero creo que no debería pasarte esto, no sé si será un problema de tu ordenador... ¿Los escribes directamente o siempre en word y luego copias y pegas? A ver si Julio lee esto y te puede dar una solución. Lo siento.
Comment por Coordinadora Clube — 10-03-2009 @ 01:40
Buenas tardes a todos! He tardado un poco en leerlo pero porfin lo terminé.
No puedo decir que el libro sea malo o que no me haya gustado pero la verdad es que no me ha apasionado.
La autora relata los sentimientos profundos de los personajes pero en ningún momento consigue transmitirlos al lector.
Esta es una obra que no da ni frío ni calor.
Un saludo a todos y todas.
Comment por sara — 13-03-2009 @ 23:34
Bienvenida Sara al club virtual de lectura. Espero que nos acompañes con tus comentarios en próximas lecturas. Coincido en tu opinión acerca de los personajes de esta novela. Para mí la autora nos habla con profusión de los sentimientos de estos pero no consigue que nos lleguen al corazón.
Un cordial saludo. Nos veremos en el próximo libro: Viajes con Heródoto de Kapuscinski.
Comment por Coordinadora Clube — 15-03-2009 @ 21:22