Este club de lectura non ten nada: nin horarios, nin local, nin caras

Ciberclub

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Xeral, Na Coruña31-10-2008

Martes 04-nov-2008 [20:00 h.]Caballero medieval Coruña
Claves históricas do nacemento da Coruña: conferencia de José Miguel Andrade Cernadas da Universidade de Santiago de Compostela na B.M. de Estudos Locais.
            Biblioteca Municipal de Estudos Locais (Durán Loriga 10, 1º)
 
Martes 18-nov-2008 [20:00 h.]
Á sombra do faro, do porto romano ao medieval: conferencia de Elisa María Ferreira Priegue da Universidade de Santiago de Compostela.
            Biblioteca Municipal de Estudos Locais (Durán Loriga 10, 1º)
Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Xeral, Na Coruña30-10-2008

sms bibliotecas municipales  Coruña O Concello da Coruña desenvolveu un novo servizo de información a través de SMS para estar ao tanto dos eventos que che interesen de maneira completamente gratuíta. Para subscribirte debes:

  1. Ir á web: http://sms.coruna.es
  2. Indica o teu DNI e o número de teléfono móbil
  3. Enseguida recibirás unha clave no teu teléfono
  4. Completa os teus datos persoais no formulario
  5. Elixe os temas que sexan do teu interese
  6. Elixe o idioma (galego ou castelán) no que queres recibir a información.

Dende ese momento recibirás mensaxes coas programacións, eventos e actividades que escolleses.

Por: Catuxa Seoane | Categorías: Noticias, Actividades, Na Coruña29-10-2008

Esta tarde as 19.00 horas a Biblioteca do Forum Metropolitano, convídavos a compartir as aventuras, desventuras e inquedanzas dos coordinadores e integrantes do Club de Lectura de Forum nos 10 anos que celebrámos agora da súa creación.

Tomade nota e non nos faltedes, sera unha oportunidade para coñecervos e debatir con compañeiros doutros clubes cómo viven eles as suas reunións e "quedadas".

Qué: Mesa redonda "10 anos de experiencias do Club de Lectura da Biblioteca Municipal Forum"

Para quen: Para todos vos e todo aquel que lle pete

Cando: Mércores 29 as 19.00 horas

Onde: Forum Metropolitano. Río de Monelos, s/n

 

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Xeral, O ciberclub, La Casa de las bellas durmientes

Casa Bellas DurmientesLibro que supón un cambio radical con respecto á nosa última lectura xa que se trata de La casa de las bellas durmientes do escritor xaponés e Premio Nobel 1968 Yasunari Kawabata.

Recordade que debedes pasar a recoller voso exemplar na biblioteca elixida por cada un a partir do luns día 3. Ese mesmo día sacaremos a primeira proposta de lectura.

 
Non esquezades devolver o voso exemplar de Soldados de Salamina na mesma biblioteca onde ides recoller o novo libro. Grazas.

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Soldados de Salamina20-10-2008

InterroganteComezamos a ler a terceira e última parte do noso libro: Cita en Stockton. Volvemos ao mundo actual e recuperamos ao "narrador-Cercas" (que nesta segunda parte se nos revela xa con nome e apelidos, ¿outro aceno ao "relato real"?) pero tamén nos imos atopar con dous novos personaxes "reais" decisivos: Bolaño e, sobre todo, Miralles. Imos descubrir o papel que Miralles, o grande ausente ata agora e protagonista absoluto desta terceira parte, ten nesta historia.

Podemos ir comentando sobre a marcha o que se nos vaia ocorrendo, pero, como é a última parte da novela, será máis ben cara ao final da semana, unha vez rematemos o libro e teñamos unha visión completa da historia, cando despexaremos incógnitas e sacaremos as nosas conclusións finais.

E agora déixovos con Miralles e Cercas cara a cara…

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Na Coruña

Curros EnríquezConferencia de Elisardo Varela na Biblioteca Municipal de Estudos Locais o martes 21 ás 19.30 horas.Elisardo Varela, profesor e inspector de Ensino Secundario, impartirá unha conferencia sobre Curros Enríquez en Cuba a partir das sete e media da tarde.

Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Teléfono: 981 184 386  Fax: 981 184 385

bestudiosl@coruna.es

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Recomendacións, Poesía19-10-2008

Non sei se sodes lectores de poesía ou non. Eu sí. E creo que é mellor ler a poesía que falar dela. Por ese motivo, transcríbovos dous poemas de senllos poetas recentemente galardoados: Joan Margarit (1938), Premio Nacional de Poesía 2008, e Tomás Segovia (1927), Premio García Lorca de Poesía.

Déixovos con eles:

NAUFRAGIOS – Joan Margarit –

La calle, estrecha y húmeda

la ocupan estos trastos:

un sofá roto y una vieja lámpara,

la nevera oxidada y dos colchones

que alguien ha apoyado en la pared.

Es todo cuanto queda de un desahucio.

 

Son restos del futuro.

A menudo se ven por estas calles,

y sin embargo hoy piensa que, quizá,

son restos de sí mismo lo que ha visto.

Entonces vuelve la cabeza: un gato,

encaramado en el sofá, le mira

como ella antaño con sus ojos verdes.

 

CANCIONES SIN SU MÚSICA – Tomás Segovia –

Porque te voy a ver tal vez mañana 

y porque aún palpita aunque dolido el tiempo

por un instante pacto con mi historia

puedo al fin dar tu rostro a esta abandono

poner mi nombre a aquél que desangraste

llamar mi vida a este naufragio

saber que fue todo verdad tu amor

y fue tu desamor verdad del todo

eras tú quien me alzaba de la sombra

y hecha sombra impensable eras tú quien me hería

confieso que te quise salvadora o maligna

mi esplendor o mi muerte eran tu ministerio

y yo te amaba en todos tus poderes

todo lo supe fue ese abismo el que quise

y hoy todavía para mí ya no hay mañana

sino por la violencia con que espero

por mi bien o mi mal volver a verte

una vez más una sola vez más

siempre una sola siempre

una misma vez más.

 

Sexades ou non lectores de poesía, quedo á espera dos vosos comentarios…

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Noticias, Escritores, Recomendacións13-10-2008

O novelista Jean-Marie Gustave Le Clézio converteuse sorpresivamente no primeiro francés nativo en ser distinguido co Premio Nobel de Literatura dende 1985.

A Academia Sueca xustificou en Estocolmo a decisión de premiar este autor pouco coñecido fóra do ámbito literario por ser "o escritor da ruptura, da aventura poética e da sensualidade extasiada; explorador da humanidade, dentro e fóra da civilización dominante".

Le Clézio, nacido en Niza en 1940, destacou que "o galardón é unha honra non só para Francia, senón tamén para a Isla Mauricio", lugar no que viviu moito tempo e a nacionalidade do cal ostenta, xunto á francesa.

O escritor declarou: "escribo novelas porque non son capaz de escribir as miñas memorias. Cando escribo novelas cambio de personalidade, a novela permíteche converterte noutro; é magnífico meterte na pel doutra persoa, doutro sexo. A miña mensaxe é clara: hai que seguir lendo novelas porque son un grande sistema para entender o mundo, un modelo que non é esquemático e que por iso permite facerse preguntas".

Se vos interesa achegarvos á obra deste autor (escribiu máis de 40 libros), déixovos unha selección de títulos publicados en español: ‘El atestado’, 1963 (Seix Barral-Cátedra); ‘Desierto’, 1980 (Debate);  ’Oritsha’, 1991 (Debate); ‘Diego y Frida’, 1995 (Temas de Hoy);  ’La cuarentena’, 1995 (Tusquets);  ’El pez dorado’, 1997 (Tusquets); ‘El africano’, 2004 (Adriana Hidalgo); ‘Urania’, 2006 (El cuenco de plata).

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Soldados de Salamina

Soldados de Salamina

Hoxe era o día que dabamos de prazo final de lectura da primeira parte do libro, Os amigos do bosque, e, aínda que estou a esperar os comentarios de moitos de vós sobre esta primeira parte, comezaremos a ler a partir de hoxe a segunda que se titula igual que a novela: Soldados de Salamina.

Esta segunda parte introdúcenos de cheo, con todo detalle, no "relato real", e está centrada na vida e figura de Sánchez Mazas e nos sucesos do Collell. Aquí o narrador desaparece como personaxe e déixalle todo o protagonismo a Rafael Sánchez Mazas e aos "amigos do bosque" coma se dunha lección de historia se tratase.

O prazo final de lectura será o luns que vén, día 20.

Como xa estamos metidos na historia, non fai falta esperar para comezar a comentar todo tipo de cuestións, así que vos deixo todo o protagonismo. A ver quen rompe o xeo..

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Soldados de Salamina09-10-2008

Ola a todos e a todas. Ben, aquí estou de novo para, despois de tanto preámbulo, entrar xa en materia. E vouno facer lanzándovos preguntas sobre un montón de cousas que se me foron ocorrendo mentres lía esta primeira parte do libro.

  • A primeira pregunta é "obrigada": ¿como ides coa lectura? ¿Estavos a gustar o libro? ¿Engancha ou aburre? Ao fío disto recordo ler nunha entrevista a Cercas: "o meu ideal son as novelas doadas de ler e difíciles de entender". ¿Credes que esta novela cumpre co ideal do seu autor? Quizais teñamos que avanzar na lectura para poder contestar a esta pregunta…
  • ¿Que opinades sobre o estilo en que está escrito o libro?
  • ¿Estades de acordo co comentario que entresaco do artigo de Vargas Llosa? ¿Credes como el que a literatura seria non ten nada de aburrida e é capaz de enganchar tanto como a que el chama literatura de entretemento? Aínda que o primeiro que tería que preguntar sobre isto sería se credes, como Vargas Llosa, que este libro é "literatura seria", é dicir, se aborda grandes temas e foxe da facilidade, e ademais de engancharnos fainos reflexionar.
  • O autor utiliza a primeira persoa ¿Preguntástesvos por que? ¿Quen credes que é o narrador da historia? ¿O propio Javier Cercas ou un álter ego do autor? Esta pregunta sérveme para invitarvos a opinar sobre o que eu creo que é un dos temas principais do libro: a fronteira entre realidade e ficción en literatura. ¿Onde está esta fronteira? E o máis importante ¿importa? ¿Ata que punto os personaxes son reais ou imaxinarios?
  • Na novela o protagonista di: "decidí que el libro que iba a escribir no sería una novela, sino sólo un relato real". "Será como una novela, sólo que, en vez de ser todo mentira, todo es verdad". ¿Que vos suxire esta frase? ¿E a definición de "relato real"?
  • ¿Sobre que credes que trata a novela? ¿Credes que é outra novela máis sobre a Guerra Civil?
  • ¿Que opinades do que di o autor acerca de que os mortos non están mortos de todo mentres haxa alguén que os recorde?
  • ¿Que sentimentos vos esperta o personaxe de Rafael Sánchez Mazas? ¿E o de Conchi?
  • ¿Atrevédesvos a contestar, co que lestes, á pregunta: que esconde a mirada do miliciano?
  • Ao final do artigo sobre a morte de Antonio Machado que o protagonista escribe podemos ler: "si consiguiéramos desvelar uno de esos dos secretos paralelos, quizá rozaríamos también un secreto mucho más esencial". ¿De que segredo esencial credes que está a falar?
  • Esta primeira parte do libro, "Os amigos do bosque", remata dicindo: -Me gusta -dijo -. ¿Ya tienes el título? -Creo que si -contesté - Soldados de Salamina. ¿Preguntástesvos xa o porqué deste título?

Espero "ansiosa" os vosos comentarios…
Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Escritores, Soldados de Salamina

Javier Cercas naceu en Ibahernando (Cáceres) en 1962. Fillo dun veterinario, Javier Cercasaos catro anos de idade trasladouse coa súa familia a Xirona. En 1985 licenciouse en Filoloxía Hispánica. Traballou durante dous anos na Universidade de Illinois en Urbana, onde escribiu a súa primeira novela e, dende 1989, é profesor de literatura española na Universidade de Xirona. Está casado e ten un fillo. É colaborador habitual da edición catalá e do suplemento dominical do diario El País.

É autor de cinco novelas, El móvil (1987), El inquilino (1989), El vientre de la ballena (1997), Soldados de Salamina (2001) e La velocidad de la luz (2005); un libro de artigos, Una buena temporada (1998); outro de crónicas, Relatos reales (2000);  un ensaio, La obra literaria de Gonzalo Suárez (1994); e un volume recopilatorio de crónicas, artigos e un conto, La verdad de Agamenón (2006).

Converteuse nun autor de masas con Soldados de Salamina, o éxito do cal en parte se debe a un artigo escrito por Mario Vargas Llosa pouco despois da publicación do libro [Ver artigo completo], e co que gañou numerosos premios, todos eles concedidos polos críticos.

Se queredes saber algo máis sobre o autor e sobre a novela que estamos a ler, déixovos algúns enlaces a varias entrevistas que podedes atopar na rede:

Entrevista Javier Cercas en Clubcultura - Toda novela es la historia de una miradaEscribir es fabricarse una identidad - Manuel Machado hubiese sido republicano -  El novelista miente para decir la verdad - El narrador y el héroe - Entrevista a Cercas en Pagina 12

Todas son moi interesantes, botarlles unha ollada,vos daran moitos datos…

Por: Chus Molina (Coordinadora) | Categorías: Soldados de Salamina06-10-2008

Soldados de salaminaBen, por fin chegou o día. Hoxe comezamos a nosa lectura de Soldados de Salamina  de Javier Cercas.

Soldados de Salamina (Tusquets, 2001), supuxo para o seu autor Javier Cercas (Ibahernando, Cáceres, 1962) o recoñecemento literario do público. Con esta novela (a terceira publicada), Cercas converteuse nun autor de masas: máis de medio millón de exemplares vendidos, traducida a 16 idiomas e máis de 10 premios no seu haber.

Escrita en primeira persoa, está formulada como unha investigación histórica, na que o autor mesmo forma parte da trama ao converterse nun xornalista que, por casualidade e nun momento difícil da súa vida, topa cunha historia real, fascinante e moi significativa da Guerra Civil española, e se propón investigala. A historia xira arredor do escritor e fundador da Falanxe (e quizais un dos responsables directos do conflito), Rafael Sánchez Mazas, e a súa dobre salvación. Primeiro sobrevive a un fusilamiento colectivo de presos franquistas nas postrimerías da guerra, no momento no que as tropas republicanas se retiran cara á fronteira francesa, camiño do exilio. E, posteriormente, e aí é onde radica a grandeza da historia, sobrevive ao encontro cun soldado republicano que o deixará escapar no último momento,  a pesares da súa ideoloxía e de estar a buscalo mentres peiteaban a zona. A busca por parte do xornalista da identidade deste anónimo personaxe e o intento de desentrañar o porqué da súa acción constitúe a trama da obra. Busca que lle levará a descubrir, xa ao final da novela, que o significado de historia se atopa onde menos podía esperar.

Pero o libro fala de moitas máis cousas: fala da posibilidade do heroísmo por parte de heroes anónimos; fala de que os mortos non están mortos de todo mentres haxa alguén que os lembre; fala da relación pai-fillo, da busca do pai; do tremendo poder das palabras… e de, quizais, outras cousas que vos tocar agora descubrir a vós.

A novela está escrita cunha prosa áxil e amena, que arrastra a lela dun tirón coma se dun thriller se tratase.

Como di o propio narrador, Soldados de Salamina é un "relato real". Un relato construído con feitos e personaxes reais: "será como una novela. Sólo que, en vez de ser todo mentira, todo es verdad". Unha frase que pode provocar unha primeira reflexión…

libro mereceu os eloxios de John Maxwell Coetzee, Susan Sontag, George Steiner: "é un libro que debería converterse nun clásico", e de Mario Vargas Llosa: "o libro é magnífico, un dos mellores que lin en moito tempo e merecería ter innumerables lectores, nesta época en que se puxo de moda a literatura lixeira, chamada de entretemento, porque así aqueles comprobarían que a literatura seria, a que se atreve a encarar os grandes temas e evita a facilidade, non ten nada de aburrida, e, ao contrario, é capaz tamén de pasmar os seus lectores, ademais de afectalos doutras maneiras". [Ver artigo completo]

A novela tamén foi leva ao cinema polo director David Trueba en 2003.

Cuestións prácticas: prazos


Ben, e agora pasemos a cuestións prácticas. Como o libro está dividido en tres partes dun número similar de páxinas, se vos parece leremos a primeira parte: Os amigos do bosque (ata a páxina 74) ao longo desta semana. O prazo final de lectura será o luns 13.


Xa iremos vendo canto tempo tardades en lelo, pero prefiro deixar unha marxe ampla para unha lectura repousada e profunda que xere preguntas e todo tipo de cuestións que queirades compartir cos demais a través dos vosos comentarios no blog.

Dentro dun par de días, cando xa vos introduzades no texto, comezarei a lanzar preguntas e cuestións sobre a lectura.

>

Agora déixovos co libro: "Fue en el verano de 1994, hace ahora más de seis años, cuando oí hablar por primera vez del fusilamiento de Rafael Sánchez Mazas…