"En el breve instante en que aparte la vista de ella al levantarme, Hanna se fue."
Durante meses encontraronse a diario, ata que todo rematou ca repentina desaparición dela. Unha última mirada, sen despedida, sen explicacións, e desapareceu da cidade sen deixar rastro.
Pasarán sete anos ata que o protagonista volva a reencontrarse con Hanna. Michael é avogado e participa como observador nun xuízo contra varias mulleres implicadas no envío de prisioneiros a un campo de concentración. Alí volvera a vela.
Hana continúa a mostrar esa actitude altiva e combativa que tantas veces lle fixo ceder cando aínda estaban xuntos, algo que sen dubida non lle favorece de cara o xuízo.
Nesta segunda parte continua a trama que se refire á relación de Michael e Hanna, e de momento déixase entrever que, a pesar do paso do tempo, aínda sinte algo por ela. Pero como puido facer esas cousas tan horribles?
Trata de encaixar as súas lembranzas, os seus sentimentos cara ela como pezas dun rompecabezas.
O sentimento de culpa, o perdón ou condena, a conciencia da responsabilidade no nazismo da sociedade alemán aparecen como trasfondo que invita a reflexión no texto.
Por: Coordinadora Clube | Categorías: El lector08-04-2008



