Posteado por: Biblioteca SF | Arquivado en Xeral, Noticias28-04-2008

Tés inquedanzas creativas? Gustache facer cómic, cine,  cousas en xeral? Non sabes donde achegarte para comenzar o continuar? Isto che interesa:
 
Perro Zombie é unha nova asociación audiovisual galega que pretende sacar á luz todos eses proxectos que, ás veces, quedan en só ideas por non ter cómo levalos a cabo. Son moitos os directores que están a comezar nisto do cine e agradecen o traballo realizado por esta asociación, que ademais do cine, dedícase a outras ramas, como o deseño gráfico, o cómic, videoxogos, pintura ou música. Con moitas ganas, traballo, e un gran número de socios, Perro Zombie pretende ser parte do panorama audiovisual galego, de momento, para aqueles que non teñen medios para levar a cabo as súas ideas, pode ser esta a mellor solución.
Perro Zombie
 
E como mostra proxectarán os seus últimos traballos en vídeo. Se queres coñecer as ultimas tendencias o participar desta xove asociación acude.
 
Lugar: 
Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil.
R/Durán Loriga 10
Tfno: 981 184 388
 
Mércores 30 ás 7 da tarde
 
 
 
 
 


Posteado por: Biblioteca SF | Arquivado en El lector08-04-2008

SS"En el breve instante en que aparte la vista de ella al levantarme, Hanna se fue."
Durante meses encontraronse a diario, ata que todo rematou ca repentina desaparición dela. Unha última mirada, sen despedida, sen explicacións, e desapareceu da cidade sen deixar rastro.
Pasarán sete anos ata que o protagonista volva a reencontrarse con Hanna. Michael é avogado e participa como observador nun xuízo contra varias mulleres implicadas no envío de prisioneiros a un campo de concentración. Alí volvera a vela.
Hana continúa a mostrar esa actitude altiva e combativa que tantas veces lle fixo ceder cando aínda estaban xuntos, algo que sen dubida non lle favorece de cara o xuízo.
Nesta segunda parte continua a trama que se refire á relación de Michael e Hanna, e de momento déixase entrever que, a pesar do paso do tempo, aínda sinte algo por ela. Pero como puido facer esas cousas tan horribles?
Trata de encaixar as súas lembranzas, os seus sentimentos cara ela como pezas dun rompecabezas. 
O sentimento de culpa, o perdón ou condena, a conciencia da responsabilidade no nazismo da sociedade alemán aparecen como trasfondo que invita a reflexión no texto.