Felicitacións a todos os traballadores do teatro.Tamen ó seu público.
Hoxe 27 de marzo celebrase o  Día Mundial  do Teatro.

Teatro 

Sinalado no 1961 como iniciativa do  Instituto Internacional do Teatro (ITI), hoxe levaranse a cabo diversas iniciativas para a súa celebración como a difusión dunha “mensaxe internacional” que será lida en todos os teatros, e que cada ano está escrita por unha personalidade pertencente a comunidade teatral internacional. Este ano o manifesto foi escrito polo  canadiense Robert Lepage

O texto sobre ‘as orixes do teatro’ reflexiona a través dunha fábula sobre a incorporación da tecnoloxía a esta arte escénica.
En Galicia tamén se difundirá un manifesto propio, escrito por Suso do Touro, co que, tamén se conmemora o XXX Aniversario do Teatro profesional de Galicia.
A lectura desta mensaxe terá lugar no seo da gala da de XII edición dos Premios María Casares nos que se entregarán os galardóns aos gañadores de cada unha das 13 modalidades, así como o premio de honra que este ano recae en Ruben García, promotor da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia que O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acollerá mañá.