Nunha cidade alemá, poucos anos logo da II Guerra Mundial, Michael Berg é un adolescente afectado por hepatite, e aínda que a enfermidade faille sentirse algo débil, fai as cousas propias da súa idade. Ata que un bo día, nun encontro fortuíto coñece a Hanna, unha muller varios anos maior que él, cobradora no tranvía, con quen comeza a vivir sensacións e sentimentos que ata de agora nunca experimentara.
El lerá para ela fragmentos de grandes obras literarias das que ata o momento apenas ouvira falar. E así, os seus encontros estableceron un ritual de lectura e sexo, que iniciará a ambos nun proceso de evolución, de aprendizaxe.
Schilnk, na voz de Michael recrea para nós as situacións vividas dunha forma moi accesible, describindoas cunha enorme sinxeleza. Utiliza unha linguaxe moi clara e simple, sen opulencias.
Podemos facer coincidir a nosa parada co final da primeira parte (na páx. oitenta) e comentar que impresións desperta en vos esta relación. Resúltavos crible? Apreciades esa sobriedade do texto?
3 Comentarios »
El URI para referenciar esta entrada: http://ciberclub.blogsome.com/2008/03/11/104/trackback/
RSS feed para los comentarios de este post.
Tu comentario
El e-mail no se publica, HTML permitidos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Sabíades có libro estase levando a gran pantalla? Nuns meses teremos a historia no cine.
Comment por Catuxa Seoane — 12-03-2008 @ 17:23
Ya podemos ver las primeras imágenes del rodaje de The Reader, protagonizado por Kate Winslet y basado en la novela de Bernhard Schlink. Incialmente el proyecto estaba encabezado por Nicole Kidman, pero por su embarazo tuvo que dejar la película. Otro de sus protagonistas es Ralph Fiennes. La dirige Stephen Daldry.
El estreno se anuncia para el 12 de diciembre.
Comment por Mariola — 14-03-2008 @ 12:30
Parece que esta primeira parte non desperta demasiado interés, no que a comentarios se refire, asi que de seguido pasaremos a comentar a seguinte.¿Como levades a lectura?
Comment por Biblioteca SF — 02-04-2008 @ 14:45