Felicitacións a todos os traballadores do teatro.Tamen ó seu público.
Hoxe 27 de marzo celebrase o Día Mundial do Teatro.
Sinalado no 1961 como iniciativa do Instituto Internacional do Teatro (ITI), hoxe levaranse a cabo diversas iniciativas para a súa celebración como a difusión dunha “mensaxe internacional” que será lida en todos os teatros, e que cada ano está escrita por unha personalidade pertencente a comunidade teatral internacional. Este ano o manifesto foi escrito polo canadiense Robert Lepage.
O texto sobre ‘as orixes do teatro’ reflexiona a través dunha fábula sobre a incorporación da tecnoloxía a esta arte escénica.
En Galicia tamén se difundirá un manifesto propio, escrito por Suso do Touro, co que, tamén se conmemora o XXX Aniversario do Teatro profesional de Galicia.
A lectura desta mensaxe terá lugar no seo da gala da de XII edición dos Premios María Casares nos que se entregarán os galardóns aos gañadores de cada unha das 13 modalidades, así como o premio de honra que este ano recae en Ruben García, promotor da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia que O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acollerá mañá.
Nunha cidade alemá, poucos anos logo da II Guerra Mundial, Michael Berg é un adolescente afectado por hepatite, e aínda que a enfermidade faille sentirse algo débil, fai as cousas propias da súa idade. Ata que un bo día, nun encontro fortuíto coñece a Hanna, unha muller varios anos maior que él, cobradora no tranvía, con quen comeza a vivir sensacións e sentimentos que ata de agora nunca experimentara.
La cárcel de papel ofrecenos un magnífico e i


