Bernhard Schlink (nacido o 6 de xullo de 1944 en Großdornberg) é un escritor alemán e avogado. En 1998 foi nomeado xuíz na corte constitucional do estado federal de Renania do Norte-Westfalia e é profesor de historia da lei en Universidade Humboldt, Berlin, desde xaneiro de 2006.
A súa carreira como escritor comezou con novelas policiais tendo como protagonista a un personaxe chamado Selbst; a súa primeira novela chamouse Auto-castigo. Outra das súas novelas, O nó gordiano, gañou o premio Glauser en 1989. En 1995 publicou O lector (Der Vorleser), unha novela parcialmente autobiográfica sobre un adolescente que ten un romance cunha muller maior que desaparece súbitamente e logo reencóntralla sendo estudante de avogacía nun xuízo aos criminais da segunda guerra mundial. O libro converteuse nun éxito de vendas en Alemaña e foi traducido a 39 idiomas. A primeira edición española apareceu no ano 1997. Gañou o premio Hans Fallada, o premio Welt, o premio italiano Grinzane Cavour, o premio francés Laure Bataillon e o premio Ehrengabe da Dusseldorf Heinrich Heine Society. No ano 2000 publicou unha colección de contos titulada Amores en fuga. No ano 2007 publicou a súa última novela chamada O retorno, publicada en galego pola Editorial Galaxia.

Bibliografía de Schilnk nas Bibliotecas Munipais da Coruña:

  • El lector
  • Amores en fuga
  • El engaño de Selb
  • El fin de Selb
  • El regreso