Agora coñemos algo máis a Christofer, sabemos que non lle gustan as cores marrón nin amarelo, que no comprende os rotros, nin as metáforas, nin a ironia, que non lle gusta que ó toquen, nin as mentiras e que adora a Sherlock Holmes e as matemáticas.
Os dias pasan e a investigación non avanza. Todo o contrario, Christofer non terá que desvelar un só enigma senon que agora son dous, un descubrimento fará que a historia de un xiro.
Dende agora podedes facer os comentarios desta segunda e última parte neste post. Ánimo.



Rompo o xeo!
En esta segunda parte é cando o mundo de Christofer se tambalea, e a seguridade e a rutina que o arroupaba remátase. Cómo non ía a pasar se xa non pode confiar no seu pai, ese que se supón que o ten que coidar e que o enganaba…! por un incidente como o do can, descubre moitas mentiras e agora penso eu, non está tocando aquí o autor o tema da sobreprotección? …o tema da incomunicación?
cantas veces, por non ferir a alguén a quen queríamos,para protexelo, ocultámoslle algo pensando que iso era o mellor…ou a única solución?
cantas veces descubrimos que fora a nós aos que nos ocultaron algo…?…e cantas veces vimos que o que aparentaba ser perfecto…non o era tanto?…e a quen non lle abriron os ollos algunha vez para que vise a realidade?
Comment por Seredka — 12-02-2008 @ 22:01
Xusto! Seredka penso coma ti no da superproteción: Toda a xente que rodea a Christofer trata de montar ó redor del un mundo ideal, que por suposto non é real, ainda que para iso teñan que mentir ou non permitirlle facer moitas cousas, etc
Fraco favor lle fan, non credes?
Penso que ainda que sea duro que che abran os ollos como dis, máis duró é ser o último en darse de conta.
Para min Christofer e perfectamente capaz de encaixar a realidade, que ainda que dura faríalle tratar de superarse, como o texto nos ven desmostrar logo.
Bueno non adiantemos e moitos bicos.
Comment por Yiya — 13-02-2008 @ 22:36
Estou de acordo en que Christofer sería quen de aceptar esa realidade se non lla escondesen e o axudasen a entendela. Pero moitas veces, con persoas con certas limitacións, a xente que as quere e as rodea protéxenas demasiado, trantándoas, en ocasións, coma se fosen nenos pequenos e impedíndolles que progresen e alcancen certa autonomía e independencia que os faría medrar como persoas.
Sen embargo, neste caso, esas adversidades e mentiras coas que se atopa fan que Christofer saia do mundo seguro que lle construiron e vaia máis aló dos límites que coñece, que se aventure máis alá da tenda da esquina e comece esta aventura.
Comment por Seredka — 14-02-2008 @ 21:00
Por certo, xa que foi aquí neste ciberclub onde me descubríchedes o libro de ‘Seda’ de Baricco ( o cal non deixo de recomendar) quería contarvos, por se non o sabiades, que xa hai unha versión cinematográfica dela, pendente aínda de estreo. Parece ser que o director é François Girard (’Sinfonía en soledad’ e ‘Le Violon Rouge’) e nela traballan, entre outros, Keira Knightley e Alfred Molina. Pénsase que se estreará en marzo aínda que xa se modificou en outras ocasións a data de estrea.
A verdade é que eu teño curiosidade por ver como levaron á pantalla esta historia tan delicada. Pero teremos que agardar… Deixovos un enlace para que vexades o trailer e logo me contedes, porque coa miña conexión de internet, non podo!
www.silkmovie.com
Gustaríame propoñer que se tratase aquí o tema da literatura e o cine, creo que sería interesante. É un tema que daría moito do que falar, ben e mal, e que está presente incluso nas carteleiras destes días (Expiación, El amor en los tiempos del cólera…). Deixo aquí a miña proposta:)
Comment por Seredka — 14-02-2008 @ 21:28
Gustame a proposta Seredka. A verdade e que dende a biblioteca tiñamos pensado plantear este tipo de debate, por exemplo cando fosemos ver “Juntos nada más” ó cine pero como vedes todo quedou no aire, xa que polo momento non houbo estreo. A ver se temos mais sorte con Seda.
Comment por Antonio — 15-02-2008 @ 20:13
Axina pasaremos o seguinte libro. Na próxima semana concretaremos a data na que podedes vir buscar o seguinte libro, a espera de que os exemplares cheguen a Biblioteca. Daquela apurade os vosos comentarios!
Comment por ciberclub — 19-02-2008 @ 13:30