Inscribete no club virtual desde este mismo blog!
Por: Antonio | Categorías: El lector29-02-2008

Bernhard Schlink (nacido o 6 de xullo de 1944 en Großdornberg) é un escritor alemán e avogado. En 1998 foi nomeado xuíz na corte constitucional do estado federal de Renania do Norte-Westfalia e é profesor de historia da lei en Universidade Humboldt, Berlin, desde xaneiro de 2006.
A súa carreira como escritor comezou con novelas policiais tendo como protagonista a un personaxe chamado Selbst; a súa primeira novela chamouse Auto-castigo. Outra das súas novelas, O nó gordiano, gañou o premio Glauser en 1989. En 1995 publicou O lector (Der Vorleser), unha novela parcialmente autobiográfica sobre un adolescente que ten un romance cunha muller maior que desaparece súbitamente e logo reencóntralla sendo estudante de avogacía nun xuízo aos criminais da segunda guerra mundial. O libro converteuse nun éxito de vendas en Alemaña e foi traducido a 39 idiomas. A primeira edición española apareceu no ano 1997. Gañou o premio Hans Fallada, o premio Welt, o premio italiano Grinzane Cavour, o premio francés Laure Bataillon e o premio Ehrengabe da Dusseldorf Heinrich Heine Society. No ano 2000 publicou unha colección de contos titulada Amores en fuga. No ano 2007 publicou a súa última novela chamada O retorno, publicada en galego pola Editorial Galaxia.

Bibliografía de Schilnk nas Bibliotecas Munipais da Coruña:

  • El lector
  • Amores en fuga
  • El engaño de Selb
  • El fin de Selb
  • El regreso
Por: Coordinadora Clube | Categorías: El lector26-02-2008

 El lector

Xa temos  na biblioteca os exemplares do libro: "El Lector"  de Bernhard Schlink a nosa seguinte lectura. Podedes dende hoxe recollelos na Biblioteca Sagrada familia ou ben na vosa biblioteca, e lembrade devolver de vez o voso exemplar de "El curioso incidente…"
Esta é unha novela breve ambientada nos anos cincuenta, na Alemania Occidental. Non sei que opinión vos merece este título, se xa o coñecíades  ou  se  tedes lido algo de Schlink.

 Agardo polos vosos comentarios, axiña comezaremos ca lectura.

Por: Antonio | Categorías: Xeral, Noticias15-02-2008

Case o 57 por cento dos españois le frecuentemente fronte ao 43 por cento da poboación que non o fai nunca ou case nunca, segundo un informe dado a coñecer polos editores españois correspondente a 2007, que demostra un aumento de 1,4 puntos no índice de lectura respecto ao ano anterior.
O informe "Hábitos de Lectura e Compra de Libros en España 2007" da Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) conclúe que o perfil do lector español consolídase como muller, universitaria e moza que prefire a novela, le en castelán e na casa, por entretemento.

O estudo destaca que o índice de lectura do 56,9 por cento da poboación corresponde a case 22 millóns de persoas, que len unha media anual de 8,6 libros, cunha lectura de 5,8 horas semanais entre os lectores frecuentes.

O informe, presentado polo director executivo da Federación de Gremios de Editores de España (FGEE), Antonio María Ávila, diferenza entre o 41 por cento que se declara lector frecuente, é dicir le libros diaria ou semanalmente; o 15,9 por cento que son lectores ocasionais, len algunha vez ao mes ou ao trimestre; e o 43,1 por cento da poboación que non le nunca ou case nunca.

Os libros máis leidos do 2007 son:

La catedral del mar, de Ildefonso Falcones

Los pilares de la tierra, de Ken Follet

El código da Vinci, de Dan Brown

La sombra del viento, de Carlos Ruiz Zafón

Ángeles y demonios, de Dan Brown

Por: Antonio | Categorías: El curioso incidente del perro a media noche04-02-2008

OriónAgora coñemos algo máis a Christofer, sabemos que non lle gustan as cores marrón nin amarelo, que no comprende os rotros, nin as metáforas, nin a ironia, que non lle gusta que ó toquen, nin as mentiras e que adora a Sherlock Holmes e as matemáticas.

Os dias pasan e a investigación non avanza. Todo o contrario, Christofer non terá que desvelar un só enigma senon que agora son dous, un descubrimento fará que a historia de un xiro.

Dende agora podedes facer os comentarios desta segunda e última parte neste post. Ánimo.

Por: Coordinadora Clube | Categorías: Noticias

As Bibliotecas Municipais da Coruña convocan a 2ª edición do concurso de fotografía dixital "Amósanos o que les". Para coñecer as bases e poder envia-las fotos debéis visita-la  web del concurso. Asi que, xa sabedes, se estades lendo un libro, e seguro que sí, podédes participar neste concurso abierto. Este ano ademáis prometen ao gañaador unha cámara reflex dixital e dous mp3 aos dous finalistas. Merece a pena intentalo, plasmade o  voso libro e enviadelo.

A foto deste post corresponde a Ata caer rendida de Estela Barbeito a gañadora da edición pasada.