Inscribete no club virtual desde este mismo blog!
Por: Antonio | Categorías: Xeral, Noticias, Escritores, Recomendacións31-01-2008

Juan Gelman


O poeta arxentino Juan Gelman (Buenos Aires, 1930) recollerá o 23 de abril, en Alcalá de Henares, o Premio Cervantes. Por este motivo, en El Pais podemos ler unha entrevista que lle fixeron para o suplemento Babelia. Un escritor marcado polas traxedias, o exilio e a desaparición do seu fillo ainda que nos seus últimos libros estase distanciando do seu pasado. Tamén podedes consultar a Bitácora de Gelman na que vos atoparedes artigos recentes de prensa, noticias, poemas, obras editadas, etc.

Todavía lloro, hay momentos que no puedo evitarlo, desoyendo el consejo del tango "un hombre no debe llorar". Creo que aquel que no puede llegar a llorar está algo mutilado. Eso tampoco se puede dictar cuándo sucede.

Por: Coordinadora Clube | Categorías: Escritores, El curioso incidente del perro a media noche22-01-2008

Mark Haddon naceu en Northampton Inglaterra en 1962. Realizou seus estudos de literatura Anglosaxoa na Universidade de Oxford e aínda que case sempre estivo vinculado á literatura, tamen ten traballado con nenos e adultos con discapacidade mental e física. Como ilustrador desenvolveu proxectos como "Axente Z" e a serie "Baby Dinosaurs" así como en diversas publicacións como New Statesman, Sunday Telegraph ou The Guardian.Tamen participou en proxectos de televisión como guionista, escribindo varios episodios de Microsoap unha serie emitida pola BBC con gran éxito de audiencia, pola que gañou dous BAFTAs e un Royal Television Society Award.

 Actualmente ensina escritura creativa for the Arvon Foundation and Oxford University.

 "Gilbert’s Gobstopper" (Dial, 1987) foi o seu primeiro libro adicado a nenos ainda que xa ten publicados ducias. En 2003 publica "El Curioso Incidente del Perro a media noche" obtendo moi boas criticas e varios premios, incluído o 2003 Whitbread Book. Foi un dos primeiros libros que saiu a luz simultaneamente en dous selos editoriais, un para nenos e outro para adultos. A súa segunda novela, "Un pequeño inconveniente",publicouse en español por Alfaguara a finais deste ano pasado, está sendo un enorme éxito de vendas no noso país.

Aqui tedes o enlace dunha entrevista de Haddon publicada en setembro no País onde comenta : "Es tentador escribir de lugares exóticos y personajes fascinantes, pero a mí me atraen más las novelas que abordan la situación universal humana."

Recoméndovos que botedes un ollo ao sua web, ten unha parte adicada ao libro que estamos a ler cas súas propias ilustracións.

Por: Coordinadora Clube | Categorías: Noticias18-01-2008

LenguaOs académicos puxéronse as pilas e crearon Wikilengua do español unha web, un "recurso en liña sobre o uso do castelán, onde se poden consultar dúbidas frecuentes e que se pode ir estendendo e corrixindo coa colaboración da propia comunidade". Así que se vos atopades con forza e ánimo para pensar visitade a páxina, registráos e a ver se sodes capaces de definir club de lectura ou club virtual de lectura ou o que sexa; a estas alturas o termo non aparece.

Por: Coordinadora Clube | Categorías: Noticias16-01-2008

MicrorelatosO programa de Televisión Española "Página 2" ven desenvolvendo mensualmente un concurso de microrelatos donde, os que teñades ambicións literarias (non só de ler imos vivir) podedes participar ou botar unha ollada os textos remitidos. E todo a través da súa web. Neste mes en concreto trátase de pequenos poemas de non máis de 8 versos.

Por: Coordinadora Clube | Categorías: El curioso incidente del perro a media noche11-01-2008

Nada máis comezar a lectura, na primeira páxina, descubrimos un cadáver, un terrible asasinato. Christofer Boone, un mozo adolescente atopa a Wellinton, o can da súa veciña morto no xardín.

A curiosidade levarao a iniciar unha investigación, o máis puro estilo Sherlock Holmes, o seu admirado detective .

El mesmo narra en primeira persoa as súas andanzas na búsqueda do culpable, aderezadas iso sí, con explicacións sobre as regras Portadaque establecen o seu mundo, que lle serven para entender o cotián.

Este podería ser un argumento de calquera novela policiaca ou de misterio, de non ser polo especial do seu protagonista, que creo, non deixará indiferente a ninguén.
Non sei que sensacións espertará en vós..

Penso que podemos fixar a lectura ata a páxina 119.  Estaría ben  non facer comentarios que  vaian máis alá do capítulo 139, porque están numerados por nº primos (igual que en "Benquerida catástrofe", prometo que foi una casualidade) aínda que  ben sei que  é difícil facer un alto na lectura.

 Por agora nada máis, tócavos a vos…

Por: Coordinadora Clube | Categorías: Noticias04-01-2008

Mueso pobo galegoNota de Catuxa Seoane

Leo no blog de Manolo Bragado que:  Onte foi inaugurada a nova sala no Museo do Pobo Galego denominada " Da imprenta. Dos impresores e encadernadores. Do libro e a prensa" , subvencionada polo Xacobeo. A sala presenta os oficios de impresores e encadernadores e recolle o máis representativo da cultura letrada na historia de Galicia até o presente. A inauguración desta sala constitúe un feito significativo xa que carecemos en Galicia dun museo sobre a imprenta e o libro, unha institución necesaria para recoller toda a nosa memoria literaria e textual. Quizais esta sala do Museo do Pobo Galego, que xa temos ganas de visitala, poida ser o xermolo do Museo do Libro Galego que entendemos formará parte do proxecto da Biblioteca e Hemeroteca Nacionais da CdC.

Sen dúbida é unha estupenda nova para Galicia e para o mundo do libro.