Rematamos benquerida catástrofe, e estaría ben que, antes de comezar a pensar na seguinte lectura, fixésemos a nosa valoración final, comentar aquelo co que nos quedariamos da novela . Aínda, que non faga honor ao seu titulo e chegara a ser para nós una autentica catástrofe, podemos dicir, facendo unha análise xeral dos vosos comentarios, que non convenceu. Se ben e certo que non podemos quitarlle mérito polo arriscado da proposta, parece que a historia vai perdendo forza segundo avanzamos na súa lectura. Agardamos as vosas opinións a espera de que a próxima seduza máis.