Actividades para hoxe na Feira do Libro de A Coruña
A Feira do Libro de A Coruña quedou oficialmente inaugurada hoxe có pregón de Suso de Toro (cun texto moi interesante con claras alusións a lectura, as bibliotecas e a convivencia cás novas tecnoloxías), para os que podadevos achegar esta tarde, tedes preparadas as seguintes actividades:
- 18.00 Animación á lectura. Libros escenificados. Eva Vila e Zezilia Meléndrez, integrantes do grupo A Loca Motora, representarán a obra Carlota e Marieta dan a volta ao planeta, baseada no libro de Julio Verne A volta ao mundo en 80 días.
- 19.00 O escritor Camilo Franco presentará o seu libro Palabras contadas, publicado por Edicións Xerais de Galicia. O autor estará acompañado no acto polo músico Magín Blanco.

- 20.00 O escritor Anxo Lugilde presentará o seu libro O voto emigrante, publicado pola Editorial Galaxia.. Xunto co autor, participará no acto Víctor F. Freixanes, Xosé Manuel Pereiro e Bieito Rubido.

Camilo Franco xa estivo nas nosas bibliotecas cunha performance do seu libro xunto a música de Magín Blanco despois de que os nosos Clubes de Lectura leran o seu libro Palabras contadas. Ademáis da obra que será presentada esta tarde, nas Bibliotecas Municipais de A Coruña podedes encontrar outras obras do escritor, é unha boa oportunidade para coñecelo!:
- En malos pasos / Camilo Franco. — Vigo : Edicións Xerais de Galicia, D.L. 1995
- Por conto alleo / Camilo Franco. — Vigo : Galaxia, D.L. 2003
- Palabras contadas / Camilo Franco. — Vigo : Xerais, 2006





