Para vos, ávidos leitores, un anaquiño humorístico para rematar a semana:
[Via, Con Valor: Verano, lectura e televisión]
Para vos, ávidos leitores, un anaquiño humorístico para rematar a semana:
[Via, Con Valor: Verano, lectura e televisión]

A historia do noso libro transcorre no fermoso parque de Steglitz en Berlin que aínda segue existindo. É probable que algúnha destas árbores fose testemuña das conversas ente Elsi e Franz. Sen dúbida un femoso escenario ¿non si?
A semana nos blogs das Bibliotecas Municipais de A Coruña
Durante a pasada semana, na rede de blogs das Bibliotecas Municipais de A Coruña, falamos de:
Jordi Sierra I Fabra rescata nesta ocasión unha sorprendente e enternecedora historia que envolveu a vida de Franz Kafka nos seus últimos días. Foi en 1923, en Berlin, cando a tranquilidade do seu habitual paseo das mañás polo parque Steglitz verase perturbada polos choros dunha nena. A pequena non atopaba acougo, a súa boneca desaparecera sen máis.
¿Como podería él axudala?
Este encontro entre o escritor e a rapaza transportaranos a un mundo máxico onde, a boneca, unha peculiar personaxe, conduciranos a unha viaxe chea de emocións, aventura e fantasía.
Neste magnífico relato para todos os públicos, Sierra imaxina como puido ser aquela relación epistolar construindo un texto delicioso.
E vos, disfrutachedes ca súa lectura?

Como temos moitas ganas de comezar esta segunda experiencia, que vos parece se deixamos somentes un par de días e falamos despois da fin de semana?
Os futuros libros electrónicos
Moitos somos reticentes e non creemos nun futuro onde non existan os libros impresos, o tacto do papel e a comodidade do formato libro, non en vano dise que o libro é un dos productos mais usables…
Pero vendo este video sobre cómo poden integrarse os libros electrónicos no noso dia a dia… calquera de nos seguro que estaria encantado de poder dispor dun exemplar destes.
E vos, ¿non tedes nada que dicir? ¿algunha idea das posibilidades destes formatos e a convivencia cos libros en papel?
Máis reflexións sobre o tema en El futuro del libro electrónico
Inauguramos con este post la categoría de recomendaciones. La mayoría las sacaremos de la sección de recomendaciones de la web de las bibliotecas municipales de A Coruña pero si alguno de vosotros tiene interés en recomendar algo escribidnos a ciberclublectura@gmail.com y la publicamos:
Un relato policíaco / Imre Kertész. – Barcelona: El Acantilado, 2007
Un relato policial, escrito ao longo de dúas semanas en 1976, é o relato en primeira persoa dun policía que se enfronta a unha condena a morte pola súa participación na tortura e morte de dous presos políticos durante un réxime ditatorial. O escenario é un país sen determinar de América Latina, recurso que utiliza o autor para evitar a censura imposta pola ditadura no seu país, Hungría. O protagonista e narrador é, pois, un verdugo que, sen estar de todo de acordo cos procedementos empregados polos seus compañeiros, déixase levar para formar parte dunha maquinaria deshumanizada e inmoral que implacablemente impón os seus métodos e sementa o terror sen deixar espazo para a esperanza.
Un paseo polos blogs das bibliotecas municipais
Durante a pasada semana, na rede de blogs das Bibliotecas Municipais de A Coruña, falamos de:
Feito o reconto e casi ante un "empate técnico" pensamos que sería bo atacar os dous libros máis votados por vos. Tendo en conta que Kafka y la muñeca viajera é un libro corto, o que podemos facer é entregarvos éste y ademais el de Historia del rey transparente (para non estar volvendo á biblioteca en poucos días). Comenzaremos polo pequeniño para poder pasar o mes de xullo sen grandes esforzos, e cando rematemos, directamente atacamos a Historia do rey. ¿Qué vos parece?
Podedes ir a entregar o libro de Anna Gavalda e, de paso, recoller os dous novos A PARTIR DO MÉRCORES DÍA 18 DE XULLO. Os que preferís entregar e recoller en outra das nosas bibliotecas podedes escribirnos un e-mail, xa sabedes, ó enderezo ciberclublectura@gmail.com
Lembrade, desde o mércores 18 ás 9 da mañá. Bo verán.
Xa que sodes amantes da lectura e dos libros (bo, as relacións son sempre de amor-odio) podedes botar un vistazo as fotos gañadoras do concurso das Bibliotecas Municipais da Coruña. "Amósanos o que les". Son cinco fotos que nos amosan o acto lector e moitas cosas máis. Por curiosidade.
Paseo semanal polos blogs das Bibliotecas Municipais de A Coruña
Durante a pasada semana, na rede de blogs das Bibliotecas Municipais de A Coruña, falamos de:

Para axudarvos nas votacións, seguro que agradeces coñecer as opinións dos integrantes dos outros clubes de lectura das Bibliotecas Municipais, sobre algunha das obras propostas para vos.
En concreto o Club de lectura de Monte Alto e o Club de Lectura de Castrillón, leron durante este inverno Herba Moura de Teresa Moure, e contaronlo así: